ES TU VIDA

Dende o luns 1 de decembro comezamos coa sección de atletismo dentro da área Estuvida. Con vistas a darlles ós nosos nenos e nenas unha mellor formación motora abrimos esta sección coa ilusión que nos caracteriza en cada novo proxecto e cun sentido da responsabilidade enorme.

Co prezo da cota do Estudiantes incluído, os interesados na actividade nas categorías Premini, Mini e Infantil pagarán 30€. Os cativos de Prebásquet, ó estar exentos de matrícula no club, aboarán 32€ en total. 

Ademais, atendendo á petición dalgunhas familias, incluímos un día a maiores para os cativos que nun primeiro momento non podían compaxinar esta actividade cos seus horarios. Deste xeito a actividade realizarase os luns, mércores, xoves e venres. Os cativos de Prebásquet, así como os Preminis e Minis asistirán a dita actividade en horario de 18:45 a 19:15. Os nenos da Escola collerán o relevo dos infantís que realizarán a actividade en horario de 18:15 a 18:45.

A actividade levarase a cabo no módulo interior da pista de atletismo Gregorio Pérez Rivera, ó lado da piscina As Pedreiras. 

O encargado de coordinar dita actividade será Pablo Gandoy, o director técnico da Federación Galega de Atletismo en Lugo e adestrador nacional de atletismo no Lucus Caixa Rural Galega. Pablo estará acompañado por César Vázquez, adestrador tamén do Lucus e técnico deportivo en atletismo de Nivel 2. César, substitúe así a José Vila, que nos últimos días vén de abrir novos horizontes laborais que o obrigarán a deixar o atletismo nun segundo plano. O propio Vila, moi apenado por ter que tomar esta decisión, nos quixo desexar a mellor das sortes nesta nova andaina.

Para dita actividade os nenos sairán do Anexo acompañados en todo momento polos adestradores do Estudiantes Lugo e unha vez rematada a actividade, volverán con estes mesmos adestradores ó Anexo do Pazo para que os pais e nais poidan recollelos. Para realizar a actividade deberán ir provisto dun par de zapatillas deportivas a maiores pois non está permitida a entrada no Módulo de Atletismo con calzado usado na rúa. 

Os interesados poderán inscribirse na oficina do club no seu horario habitual (10:00 a 14:00) vía telefónica (982-224403), por mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou de xeito presencial. Tamén poden apuntarse poñéndose en contacto en horario de adestramento ou vía telefónica con Álvaro Abuín ou Laura Castro, ou cumprimentando o seguinte formulario de inscripción.

Formulario de Inscripción.

 

acompaña taller

O primeiro Módulo do Programa Acompaña vén de tocar o seu fin co taller celebrado o mércores no Pazo baixo o título: A xestión emocional dos fillos deportistas. Rubén López, psicólogo do club e da UPCD, compartiu estas dúas semanas grandes momentos de aprendizaxe cos pais e nais do Estudiantes nunha área esquecida moitas veces como a psicoloxía deportiva.

As expectativas superáronse con respecto ó agardado e por iso Rubén López móstrase confiado e moi ilusionado cos próximos módulos nos que xa está a traballar. Desde o club Estudiantes Lugo queremos agradecer a participación de tódolos pais e nais que asistiron e animar a aqueles que non puideron a que participen nos seguintes.

Na educación deportiva dos nosos nenos e nenas non hai que dar pé á improvisación, por iso valoramos moi positivamente o Programa Acompaña que se inscribe dentro da área Estuvida.

psicoloxiaDespois da boa acollida que por parte dos pais e nais tivo este programa Acompaña queremos recordar que hoxe mércores volvemos cun único horario de 17:45 a 18:45. As sesións do xoves non se levarán a cabo, polo que queremos pedir disculpas ós afectados. A temática será: A xestión emocional dos fillos deportistas. Para Rubén López, psicólogo do club e coordinador da actividade, estar charlas dirixidas a un colectivo fundamental no deporte como osn os pais, foron un éxito, e agarda que a asistencia esta semana se manteña. Aqueles pais que non asistiron a semana pasada poden apuntarse ás charlas desta semana sen ningún problema.

ruben lopez

No Estudiantes vimos de facer unha gran incorporación ó noso plantel de profesionais. Licenciado en Psicoloxía pola USC, Rubén López conta ademáis con dous Másters en Psicoloxia do Deporte o primeiro, de Investigación en Psicoloxía da Saúde o segundo, ambos pola Universidade Autónoma de Barcelona. A este currículum hai que sumar que Rubén, con número de colexiado G - 4988, é Coach Deportivo pola Escuela Iberoamericana de Coaching.

A incorporación é froito dun acordo a tres bandas entre o noso club, a UPCD (Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo e o Centro de Psicoloxía Dolores Valero.  A Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo (UPCD) é unha Unidade especializada na psicoloxía e no coaching no ámbito do deporte, da que Rubén López forma parte. A UPCD existe dende o ano 1999, e con anterioridade denominada Unidade de Psicoloxía do Deporte de Galicia (UPDG), desenrolou o seu traballo con numerosos deportistas, adestradores, árbitros, equipos, clubs e federacións. Ademais, conta con importantes profesionais do mundo da psicoloxía e do deporte como son Joaquin Dosil, Rubén Dominguez ou Ignacio Iglesias Villanueva entre outros.

Desde o Estudiantes estamos moi satisfeitos de poder contar co asesoramento da UPCD Ó mesmo tempo, o noso psicólogo desenrola o seu traballo en Lugo no Centro de Psicoloxía Dolores Valero, dende onde contaremos ca aportación de importantes descontos e do medio físico para poder atender tódalas demandas de cada un dos nosos xogadores e familias dos mesmos. Este centro é un dos Centros de Psicoloxía de referencia en Lugo, onde leva funcionando dende hai 13 anos. Coa integración de Rubén no mesmo ampliou os seus servizos á área do deporte.

A área psicopedagóxica do Estudiantes Lugo será un servizo de apoio na formación do deportistas nas áreas tanto académica como deportiva. Con este servizo, tódolos xogadores do noso club poderán ter un asesoramento personalizado e individualizado durante a súa formación deportiva e académica sempre e cando sexa necesario.

O obxectivo non é outro que o de orientar e apoiar ós nosos xogadores para lograr unha formación integral ao longo do seu proceso de desenvolvemento no club. Rubén López pónse a disposición de tódolas familias para calquera toma de contacto ou consulta que estas lle queiran realizar. Logo deste primeiro achegamento, Rubén ofrece dúas vías de traballo. Por unha parte, o traballo ca psicoloxía deportiva co soporte da UPCD, para todos aqueles aspectos ou problemáticas relacionadas co rendemento no deporte e na formación.

Para isto a Unidade ofrece importantes descontos nas súas sesións. O precio habitual de cada sesión é de 50€, sen embargo a Unidade ofrece un 33% a partir da terceira sesión, 40% a partir da quinta sesión e 50% a partir da décima sesión.

Por outra banda, de ser preciso asesoramento de carácter psicoterapéutico, externo ao deporte ou á formación, o Centro de Psicoloxía Dolores Valero ofrece importantes descontos no seu Centro, situado na Praza Maior de Lugo. Dito Centro ofrece un 25% de desconto para xogadores e un 15% para pais sobre o seu precio habitual de 50€ por hora.

 

Formulario de inscripción na actividade de atletismo. 

Tras o envío do formulario tardará uns ez segundos, en función da velocidade podera ser un tempo superior, en chegar a confirmación de finalización do proceso satisfactoriamente.

Se non recebe un email de confirmación, poñase en contacto con nos Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

{uniform form=5/}

Non prema ningún botón, ate a apertura da fiestra de confirmación do envío..

Volver