20150615184320

O luns, na III XORNADA DE PAIS E NAIS, o equipo formado polos nenos e nenas de Predeporte do noso clube enfrentouse a un equipo moi forte formado polos pais, nais e avós dos nenos. Antes do comezo do esperado partido, os equipos rivais compartiron xogos e risas para ir calentando motores. As estatutas, o paracaídas e o cocodrilo dormilón fixeron as delicias de pequenos e maiores, xa que estos últimos non dubidaron en tirarse polo chan se o xogo o esixía. Despois de repasar algunhas estratexias planificadas pola mañá por algúns dos nenos, comezaron os partidos. O equipo local fíxose co partido dende o primeiro momento aínda que o equipo visitante non llo puxo fácil permanecendo a unha distancia mínima no marcador. Como non podía ser de otro xeito, o equipo de Predeporte fíxose coa victoria xogando como mellor saben e compartindo diversión co equipo visitante. Para despedir esta intensa xornada, os nenos recibiron varios agasallos das súas monitoras. Ámbolos dous equipos compartiron posteriormente un pequeno ágape para repoñer forzas. Dende aquí queremos agradecer ós pais a súa participación, interese e dedicación nos xogos xa que, sen eles, esta xornada inolvidable nos sería posible. GRAZAS

Presentación a MMCC, 2013-14

 Noticia presentación do Clube Estudiantes Lugo nos Medios de Comunicación da Tempada 2013 - 2014

Entradas antiguas

 el blog del Estu

Móvete con Nós 2013

Volver