SAMAIN 24 

Na xornada do mércores os nosos nenos das Escolas de Predeporte e Prebasket disfrutaron dunha actividade extraordinaria de convivencia. Con motivo do Samaín, os máis pequenos do Estudiantes acudiron ó Pazo vestidos como merecía a ocasión. Entre os asistentes puidemos ver Dráculas, zombies, momias, meigas, algún que outro pirata e ata algún monstro de características indescriptibles. Durante a festa, os nenos tiveron que percorrer diversas aventuras na procura dos chuchameis que as momias e meigas noutrora monitores tiñan para eles. Mais atopalos non foi sinxelo. Os nosos aventureiros tiveron que realizar diversas probas e levar algún sustiño no xogo do Truco ou Trato para conseguir o tan ansiado premio. Unha vez rematadas as aventuras os nosos nenos puideron repoñer forzas cunha merenda onde disfrutaron de varios doces cunha forma un tanto terrorífica. 

Mais a festa non queda aquí. O próximo mércores os máis cativos volverán marchar de festa, esta vez con motivo do Magosto. 

 

Presentación a MMCC, 2013-14

 Noticia presentación do Clube Estudiantes Lugo nos Medios de Comunicación da Tempada 2013 - 2014

Entradas antiguas

 el blog del Estu

Móvete con Nós 2013

Volver