fotofamilia
O mércores 28 de maio, os nenos e nenas de predeporte celebraron a "II xornada de convivencia pais-fillos". Por segundo ano consecutivo invitamos ós pais e nais a realizar unha sesión conxunta na actividade que están a desenrolar os seus fillos durante todo o ano.

Xogamos co paracaídas, as estatuas musicais, cos aros, etc.. por suposto non podía faltar neste día ó baloncesto, deporte entorno ó que xira a actividade. Para demostrar as nosas habilidades co balón fixemos unha serie de minipartidiños pais-fillos nos que os nosos peques saíron airosos.

Non podíamos rematar esta xornada de convivencia sen xogar a un dos xogos favoritos dos nenos e nenas da clase: o cocodrilo dormilón. Neste caso, os pais demostraron as súas habilidades para escapar correndo destes feroces réptiles.

Dende as Escolas Provinciais de Predeporte e Baloncesto queremos agradecer ós pais, nais e irmanciños dos nosos nenos e nenas a súa participación e entusiamo nos xogos así coma invitaros a vir o ano que ven.

Moitas grazas!!!!

 

Presentación a MMCC, 2013-14

 Noticia presentación do Clube Estudiantes Lugo nos Medios de Comunicación da Tempada 2013 - 2014

Entradas antiguas

 el blog del Estu

Móvete con Nós 2013

Volver