O CEIP San Xoán de Becerreá recibiu a visita do Estudiantes Lugo este venres. A actividade, froito dos acordos entre o noso club e o CB Becerreá, foi dirixida polo noso adestrador e coordinador das Escolas Provinciais Álvaro Abuín que contou coa axuda de Javier e Carlos, adestrador das Escolas de Baloncesto do club dos Ancares. Cos nenos do centro educativo tamén estiveron os nosos xogadores do equipo EBA Sergi Quintela e Roberto Abuín que disfrutaron como os que máis dando consellos ós máis pequenos. A partir das 12:00 o turno foi para os cursos de 1º,2º e 3º que por medio de xogos de iniciación ó baloncesto pasaron un rato formidable. Proba disto foi que os rapaces non querían abandonar a cancha cando ás 12:45 chegou o momento de deixar o sitio a 4º,5º e 6º. Os maiores disfrutaron ata as 13:30 dun adestramento con máis contidos técnicos dun xeito lúdico e formativo. 

Desde o Estudiantes Lugo queremos agradecer a invitación ó CB Becerreá por permitirnos levar a cabo esta actividade de fomento do noso deporte ós máis pequenos. Á súa  vez, temos que agradecer tamén ó CEIP San Xoán que nos abrira as súas portas para que os seus rapaces cambiaran a rutina habitual por unha mañá de baloncesto. 

 

becer

 

IMG 3839

 

 

Presentación a MMCC, 2013-14

 Noticia presentación do Clube Estudiantes Lugo nos Medios de Comunicación da Tempada 2013 - 2014

Entradas antiguas

 el blog del Estu

Móvete con Nós 2013

Volver