Campamentos (33)

TardesdoNadalComo complemento do Campamento de Nadal nacen "As tardes do Nadal", de 17.00 horas a 20.00 horas a edicción vespertina nas dosas "Matinais" que xa funcionan dende hai mais dun ano, durante o curso escolar, os domingos de 11 a 14  horas.

Os asistentes poder decidir o número de días que acuden a actividade, xa que cada día ten unha actividade concreta que para o seu seguemento non precisa de coñecementos ou destrezas adquiridas o día anterior.

Aproveitando o período vacacional ofreceremos un espazo lúdico onde os nenos poidan aprender xogando, divertirse e desenvolver a súa imaxinación e creatividade, ademáis de atopar amigos con quen xogar e xogos axeitados a súa idade e as súas preferencias.

Este espazo lúdico está pensado para nenos e nenas entre os  2 e os 9 anos, organizados por idades en grupos homoxéneos.

O xogo e a actividade lúdica son a base metodolóxica a ter en conta nas actividades que se levarán a cabo, xa que son o marco de desenvolvemento fundamental das potencialidades dos nenos.

O custe desta actividade será de 5 euros/tarde. Para aqueles nenos inscritos nas "Escolas Provinciais de Baloncesto", membros do "Club Estudiantes Lugo" ou das Escolas de "Bandua", a actividade terá un custe de 4 euros/tarde.

A media tarde repoñeremos forzas cun bocata.

As reservas de praza poderánse realizar dende o día 7 de Decembro e a Inscripción ata  cinco minutos antes do comezo da actividade de cada un dos días.

 

 

 

 

 

Coa chegada do nadal, un ano máis, abre as súas portas o noso campamento de nadal.

Dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro celebraremos "O Nadal Móvete con Nós" en horario de 9.00 horas a 1400 horas. Adicionalmente contamos co "plan madruga" dende as 8.00 horas e o "plan un rato mais" ata as 15 horas.

NadalmóveteconnóscopiaO noso obxectivo é prestar un servizo social, tanto para cubrir as necesidades familiares coma para mellorar e fomentar a formación dos máis pequenos da familia.

Dende os 3 ata os 9 anos, os nenos gozarán do seu tempo libre realizando actividades deportivas, recreativas e educativas, ademáis de favorecer as súas relacións sociais e persoais.

Tendo en conta as idades dos inscritos faránse dous grupos ou subgrupos, en caso necesario, para ter uns grupos homoxéneos e adaptar as actividades segundo os intereses, características e necesidades de cada grupo de idade.

 

¨

 

 


 

 

 

 

Algunhas das actividades que levaremos a cabo serán:

A nosa programación

Descobre en cada unha das carpetas un resumo das actividades especificas de cada xornada.

Luns 22: Decorando o Nadal

" Decorando o Nadal": empregando diversas técnicas e materiais (cartolinas, poliespán, acuarelas, etc.) deseñaremos coas nosas propias mans un amplio abanico de adornos navideños (bolas, estrelas, bastóns, botas, etc.) para, posteriormente, decorar tanto a clase coma a entrada principal de Pazo, sen esquecernos das oficinas do Club.

Martes 23: Bo Nadal

"Bo Nadal": unha das tradicións destas datas é felicitar aos nosos seres queridos a traveis de postais. Como queremos facer partícipes aos nenos de todas e cada unha destas tradicións, realizaremos unhas bonitas tarxetas navideñas tridimensionais coa axuda de botóns e algodóns. Estamos seguros que sacaremos máis dun sorriso a todo aquel que as reciba..

Mercores 24:Tras o escenario Bo Nadal

"Tras o escenario": queremos dar as grazas a Papá Noel por vir vernos ó campamento, por iso faremoslle unha pequena representación teatral do duro traballo que realiza. Construiremos os nosos propios disfraces de renos e trasnos para que, chegado o momento, axudarlle a levar alegría a tantas casas do mundo.

Venres 26: Os panxoliñas Pop

"Os panxoliñas Pop": construíremos unha serie de instrumentos típicos do nadal (zambomba, pandereta, cascabeis, etc.) empregando materiais de refugallo para formar un peculiar e divertido coro de panxoliñas con carácter po, xa que queremos darlle un toque moderno as cancións tradicionais. Pasearemos a nosa música polo Pazo para deleitar a todo aquel que nos escoite coas nosas dulces e melodiosas voceciñas.

Luns 29: Amigo invisible

"Amigo invisible": para lembrarnos deste campamento e dos nosos amigos xogaremos ó amigo invisible deseñando un bloc de notas moi útil para agasallar ós nosos amigos, deste xeito, sempre que escriba nel lembrará os bos momentos vividos.

Martes 30: Neve

"Neve": o Nadal está envolto dun ambiente especial e máxico. Para envolvernos desa maxia construíremos unha bola de neve. Cada vez que a axitemos, a purpurina flotará na auga coma se fose pequenos copos de neve caendo no chan. Cada neno poderá poñer dentro unha figuriña deseñada por eles mesmos.

Mercores 31:Fin de Ano

"Fin de Ano": o último día do ano merece unha celebración especial. Despediremos por todo o alto o ano que marcha deseñando uns gorros de festa, poñendo as nosas mellores galas, tomando as uvas en forma de gusanitos con cada campanada e brindaremos con zume para festexar o aninovo. Por suposto non faltará o cotillón e o baile.

Venres 2: Historias de Nadal

"Historias de Nadal": con plastilina construiremos unha mini cidade na que pasarán cousas moi divertidas. Os nenos moldearán ós seus personaxes preferidos para recrear historias que, de seguro, faránnos rir.

Luns 5 :Pequenos trasnos

"Pequenos trasnos": coa chegada dos Reis Magos queremos que os nenos disfruten das horas previas creando diversos xoguetes caseiros con múltiples materiais. As veces non fai falta ter moitos recursos senón moita imaxinación e ganas de divertirse

Martes 7: Delicias de Nadal

"Delicias de Nadal": non hai festexo sen comilona, aproveitando a festa final de campamento poñerémonos mans á masa para facer uns ricos bizcoitos e galletas. Os nenos poderán demostrar as súas habilidades culinarias e entre todos degustaremos estas exquisiteces de nadal.

 Estas actividades complementaránse con xogos predeportivos, deportivos e de psicomotricidade, contacontos, teatro, inchable, xogos de mesa, excursións, cine e por suposto baloncesto.

A media mañá agasallaremos aos nenos cun pequeno refrixerio para repoñer forzas. Aqueles que o desexen poderán traer o almorzo da casa.

O custe do campamento por semana será de 40 euros, excepto para a 3º semana que terá un custe de 20 euros.

Para todos aqueles nenos inscritos nas "Escolas Provinciais de Baloncesto", membros do "Club Estudiantes Lugo" ou "Bandua", o custe será de 35 Euros semanais e 15 Euros no caso da 3º semana.

O "plan madruga", de 8.00 a 9.00, terá un custe de 5 euros semanais,o mesmo co "plan un rato mais" dende as 14 horas e ata as 15 horas.

Os interesados poderán inscribirse na oficina do Club no seu horario habitual (10:00 a 14:00) vía telefónica (982-224403), por mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou de xeito presencial.

Tamén poden apuntarse poñéndose en contacto en horario de adestramento cos adestradores, ou cumprimentando o seguinte formulario de RESERVA DE PRAZA.

 


 Reserva de praza "Campamento do Nadal 2014"

 

 

 

 

 

 

O pasado venres, día 5 clausurouse o “Móvete con nós” 2014, o cal foi organizado polo Club Estudiantes Lugo coa colaboración do servizo de deportes da Deputación Provincial.

A partir das 12:00 hrs. no anexo do Pazo Provincial organizouse unha festa , a cal contou con xogos, baile e distintos inchables.

Todos os inscritos o longo do verán estiveron invitados a asistir cumprindo un único requisito, traer posta a camiseta conmemorativa do Campamento.

Foron un total de 11 campamentos semanais en horario matinal de luns a venres,  os cales contaron con mais de 900 inscritos o longo de todo o verán.

O longo desas 11 semanas, os asistentes desfrutaron de actividades multideporte e talleres de manualidades temáticos nas instalacións do Pazo Provincial, ademais organizáronse visitas a Veterinaria, o campamento “Muevete con nosotros”  que organiza o Estudiantes en Camponaraya coa axuda do Concello de dita localidade e de saídas semanais a piscina dos Robles e a practicar piragüismo na Escola Provincial.

 

 

Tras 11 quendas o longo de todo o vrao, chegamos a derradeira semana dos Campamentos Verán 2014 "Móvete con Nós". Preto de 1000 participantes disfrutaron das nosas actividades.

O vindeiro luns  día 1 arrancamos esta quenda chea de actividades, moitos xogos e baloncesto.

Si ainda non fixeches a túa inscripción, pódela facer o vindeiro luns ata 5 minutos antes de escomenzar a actividade.

Se desexas máis información, preme no banner:

 

20140731 100828Durante esta semana sentimos "A chamada da selva" e convertimonos en simpáticos animais salvaxes a través do diseño de gorras e maquillaxe facial.Puidemos observar os animais na súa hábitat natural a través dos nosos prismáticos,os contos e as marionetas e a nosa pequena selva de plastilina.

Nesta semana acudimos de excursiòn ó "Hospital Veterinario Universitario Rof Codina", http://www.rofcodina.org/index.php/gl/  onde nos amosaron as suas impresionantes instalacións: o museo, as aulas, as cuadras, o hospital, .... onde non so nos trataron moi ben senon tamben aprendinos moitas cousas sobor do mundo animal.

Dende aquí agradecerlles a todos a súa colaboración e ensinanzas.

 


 

 

A cuarta semana de campamento do Estudiantes adicámola a maxia.Recibimos unha visita do famoso mago Merlin, que nos axudou a transportar os nenos a un mundo de fantasia e maxia a través das nosas variñas máxicas, trucos... 

 

20140711 095245Na terceira quenda fixemos un percorrido polo universo. Achegámonos as estrelas, os planetas e constelacións. Disfrutamos da nosa festa da agua, da nosa coreografía de baile e despedímonos do noso grande amigo Aitor pra o cal preparamos unha longa misiva.

E na despedida co noso profesor de baile a nosa coreografía pon punto final a semana:

 

 

Diario visual de actividades:

Diario visual da segunda semana do campamento "Móvete con Nós 2014" : De viaxe a prehistoria.

As actividades específicas desta semana tiveron como motivo a prehistoria: os instrumentos, as vestimentas, os grabados, os animais...  unha etapa da historía tan do gosto e o interés dos nenos e nenas.

Tamén disfrutamos da nosa saida a  "Areá deportiva dos Robles", das coreografías de baile, dos xogos, ...

 

As actividades dos Campamentos "Móvete con Nós 2014" continuan cas suas actividades diarías, de luns a venres de 8 a 15 horas, nas instalacions do Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Hoxe amosamos unha reportaxe sobor da visita dos participantes do campamento de  Lugo os nenos e nenas dos Campamentos que organizamos en Camponaraya.

Os asistentes compartiron xogos, bailes, e baño no excepcional complexo de piscinas do "Ayuntamiento de Camponaraya", concello o que lle agradecemos a sua colaboración con nós.

 

 

 

 

Página 2 de 3
Volver