Os xogadores do Equipo Infantil Autonómico Andrés Onega e Miguel Traseira formaron parte do combinado galego que se desplazou a Madrid para xogar un Torneo amigable contra as selecións de Euskadi, Madrid e Castela León.

Unha experiencia maravillosa, mais alá dos resultados que son sumamente esperanzadores para o equipo dirixido por Miguél Angel Hoyos.

Miguel Traseira Nº 9; Andrés Onega Nº 8..- Foto: Fegaba.

 

Reproducimos da web da Federación Galega de Baloncesto as crónicas dos encontros:

 

01/03/14
(20:00 h) GALICIA – PAÍS VASCO (54 - 60)

Comezou o primeiro cuarto cun intercambio de canastras por parte dos dous equipos. Galicia quería mandar, pero Euskadi reaccionaba a cada golpe dos nosos, marchándose dous arriba ao final do cuarto (12-14).

Os segundos dez minutos foron bastante negativos para os galegos no tiro exterior. A zona vasca atragantábase e os tiros precipitados e as perdas de balón propiciaban os puntos sinxelos dun rival que lograba escaparse doce puntos arriba ao descanso (25-37).

Malia que o terceiro período comezou cun par de canastras galegas, os vascos fóronse asentando aos poucos. Dominando o rebote e con acerto exterior materializaban a máxima vantaxe do partido (33-53).

O último período serviu para que os nosos non lle perdesen a cara ao partido, colocándose a 12 a falla de tres minutos para o asubío final. Pese a isto, País Vasco tiña o partido controlado e, cun intercambio de canastras definitivo, fixeron seu o marcador e o encontro (54-60). O irregular segundo cuarto e a falla de acerto exterior levou a Galicia á derrota.

02/03/14
(11:15 h) GALICIA – CASTILLA LEÓN (62 - 79)
O primeiro cuarto comezou cos dous equipos asentándose na pista de xogo e con intercambios de canastras que deixaban o electrónico dous puntos abaixo neste envite inicial (14-16).

O segundo período comezou cun breve arreón dos visitantes que os poñía 8 arriba a falta de 5 minutos. O bo traballo defensivo dos nosos minimizaba esa diferenza ata os 3 puntos, pero, do mesmo xeito que no partido do sábado ante País Vasco, as continuas perdas de balón e os posteriores contraataques visitantes debuxaban un 30-39 ao descanso.

O terceiro cuarto comezou con boas intencións dos nosos, que grazas a dous roubos de balón nas dúas primeiras posesións dos castelán leoneses, lograban situarse a cinco. O tramo final traduciuse nun caos organizativo, con continuas perdas e imprecisións en ambos bandos, levando o marcador ao 50-55.

Neste último cuarto, o bo facer visitante, con moitísimo acerto no tiro exterior, unido ao baixón de actividade defensiva galega, facían que o marcador se disparase ata o definitivo 62-79.

(18:15 h) MADRID - GALICIA (82 - 66)
Galicia afrontaba o partido contra o rival máis forte do torneo con boas sensacións logo de ver a progresión do equipo durante os dous partidos previos.

No inicio do encontro, a superioridade física dos madrileños fíxose notar e adquiriron unha vantaxe de 7 puntos (13-6) á altura do ecuador deste cuaro. Pese a esta desvantaxe física, os nosos non se amedrentaron e, cun parcial 2-6, colocábanse a dous puntos. Un último arreón dos locais deixaba o marcador parcial en 21-15.

O segundo período foi o do desorde galego, cos xogadores máis descentrados que no cuarto anterior e con continuas perdas ben aproveitadas polos locais, os cales lograban anotar multitude de contraataques. Nesta liña, ao descanso, o electrónico lucía un 50-33 (máxima diferenza da primeira parte).

Comezaba a segunda parte cos nosos máis enchufados defensivamente e con máis ansias de rebote en ambos aros, circunstancia que nos penalizou durante o primeiro tempo. Cun xogo ofensivo máis fluído e coa vista posta en mellorar, logramos empatar este cuarto (16-16) 66-49.

Os minutos decisivos serviron para que Galicia non baixase os brazos e seguise apertando ata o final. Con máis acerto no tiro exterior e coa efectividade desexada no rebote, logramos gañar este último parcial (17-17) pechando o marcador co resixtro 82-66.

 

 

Lee aquí o artículo completo na web da Federación Galega.

Os xogadores do "Club Estudiantes Lugo Leyma Natura"  Miguel Traseira, aleiro de 1.82 metros, e Ándres Onega, escolta-aleiro 1.76 metros, representarán a Galicia no Torneo de Seleccións Infantís Masculinas que se disputará en Moralzarzal, Madrid, os días 1 e 2 de Marzo.

A Selección Galega será adestrado, polo sarriano de adopción, Miguél Angel Hoyos, @MiguelAngelHoyo, - (a tempada pasada gañou cos Malabo King a Liga de Guinea Ecuatorial e Campión do "Torneo da Zona Centro Africa")-, que  contará como axudante con José González e Rubén Vázquez como Delegado de Equipo.

O Torneo de Madrid  xogarase na modalidade cuadrangular todos contra todos, e participarán as seleccións de Madrid, Castela e León, Galicia e Euskadi.

Galicia debutará contra Euskadi o sábado as 20 horas. E o domingo dous encontros: 11:15 horas contra Castela e León e pola tarde as 18:15 horas contra a Selección de Madrid. 

Os partidos disputaranse no Pabillón Municipal de Moralzarzal.

 

Os xogadores do Estudiantes Lugo Leyma Natura da Categoría Infantil Andrés Onega e Miguel Traseira repiten concentración; e nesta ocasión acompañaraos Antón Lodeiro, foron seleccionados para acudir coa Preselección Galega en categoría Infantil Masculina a concentración que terá lugar en A Estrada o Domingo día 19 de xaneiro de 2014 no Pavillon Municipal Manuel Coto Ferreiro (Rua Cultura S/N, na zona deportiva da Estrada).
Todos os xogadores convocados están citados ás 11:30 h. Os adestramentos serán de 12:00 a 14:00h e de 18:00h a 20:00h. 

Los jugadores del equipo Infantil Masculino Autonómico Miguel Traseira y Andrés Onega han sido preseleccionados para participar en los entrenamientos de la Selección Gallega Infantil estas Navidades en la localidad pontevedresa de Tuy.

 

Página 5 de 5
Volver