miguel ferrol

Estudiantes Lugo Leyma Natura 65-69 Sologas Ferrol

Comezamos un tanto inseguros atrás permitindo algunha canastra fácil do seu xogador interior. As diferenzas íanse reducindo tras un primeiro tempo morto para axustar a defensa. As faltas do xogador máis alto de Ferrol beneficiaron ó Estudiantes que encontraba agora máis ocos en ataque. Sen embargo o acerto exterior de Ferrol facíanlle marchar por riba no marcador (29-30). No terceiro cuarto Ferrol fixo gala do seu pontecial físico e os nosos foron incapaces de defender as continuas penetracións dos visitantes. A defensa cada vez máis pechada do equipo rival facía moi complicado anotar en estático. No decisivo o Estudiantes tirou de presión e casta para remontar e a falta de 2 minutos, tras remontar 12 puntos poñíase 2 arriba tras dúas triplas de Miguel e Jorge. Sen embargo, os erros defensivos volveron decantar o partido en contra do Estudiantes.

Xogaron:Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Trabado, Lucas, Varela, Deme, Adri, Cabezudo, Baeza, Jorge.

ESTUDIANTES 

Bosco Salesianos 72-35 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Bosco Salesianos, vixente campión de Copa e colíder da Liga Galega, saiu a por todas sabedor de que unha excesiva confianza podería facer que un equipo a priori inferior pero moi competitivo puidera poñerlles as cousas moi complicadas. E así foi. A presión dous ourensáns fixo que o partido quedara case visto para sentencia na primeira parte. Estudiantes botaba de menos a xogadores altos no rebote como Baeza ou Adrián que non viaxaron por procesos gripais. Ademáis Esteban e Demelash, tocados, tampouco podían render ó 100%. As tentativas do Estudiantes por amarrarse ó partido foron improductivas e Bosco que ten ó mellor xogador da xeración nas súas filas, mantivo as liñas de presión sempre moi arriba. A fatiga, sumada ós 6º de temperatura que había no pavillón fixeron que durante a segunda parte o partido se acabara de romper con toda lóxica.

Parciais: 18-12, 18-5, 17-7, 19-11. 

Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar,Lucas, Trabado, Varela, Demelash, Iván, Jorge.

foto infantil

Estudiantes Lugo Leyma Natura 64-25 CB Culleredo 

A superioridade do Estudiantes foi evidente desde os primeiros compases do partido. A anotación era fluida en ataque a pesar de que os nosos perdonaban algunha bandexa. Sen embargo algún erro defensivo permitía a Culleredo ir ó descanso entre os primeiros cuartos cunha diferenza salvable de tan só 9 puntos a favor dos lucenses. Durante os primeiros minutos do segundo cuarto o acerto local viuse resentido o que obrigaba a pedir un tempo morto para recuperar sensacións pola falta de ideas ante a zona 1-3-1 dos visitantes. Unha tripla de Jorge e outra de Miguel sumadas a unha canastra de mérito de Baeza facían entrever que non había zona que fora apretar o resultado. Durante o terceiro cuarto o Estudiantes apostou por subir aínda máis as liñas defensivas o que fixo que a anotación se disparara e comezara a anotar de xeito fácil para levar as distancias ós 30 puntos. O último cuarto foi un trámite cun equipo centrado en que a diferenza fose a menor posible e outro traballando para mellorar aspectos do xogo con vistas a futuras citas.

Parciais: 18-9, 12-7, 21-4, 13-5.

Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Demelash, Adrián, Iván, Baeza e Jorge. 

foto infantil

Básquet Coruña Leyma Natura 66-59 Estudiantes Lugo Leyma  Natura

O partido comezou con Básquet Coruña facendo parcial grazas á nefasta defensa de 1x1 dos nosos e ás segundas e terceiras oportunidades que concedían. O primeiro tempo pedido neste cuarto non fixo efecto. Co segundo tempo o equipo reaccionou e maquillou o resultado. Foi sen dúbida o peor cuarto da tempada. Estudiantes púxose as pilas en defensa e comezou a levar a iniciativa e anotar de xeito fácil grazas a algún contraataque. Sen embargo no 5x5 e no rebote o equipo seguía a ter moitas trabas. O terceiro cuarto comezou con intercambio de canastras dos dous equipos para pasar a un tramo onde Básquet Coruña se ía ós 19 puntos. Os nosos souberon volver a reaccionar e poñerse a 12 puntos outra vez grazas á melloría defensiva.O cuarto foi igualado e as vantaxes mantíñanse en torno ós 10 puntos. Nos últimos instantes un par de perdas do equipo rival propiciou que o Estudiantes puidera levar unha sensación máis doce a pesar do mal encontro.

Parciais: 17-8, 21-17, 14-15, 14-19.

Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Adri, Iván, Baeza, Jorge.

Estudiantes púxose as pilas en defensa e comezou a levar a iniciativa e anotar de xeito fácil grazas a algún contraataque. Sen embargo no 5x5 e no rebote o equipo seguía a ter moitas trabas. Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

foto infantil

Estudiantes Lugo Leyma Natura 46-54 Seis do Nadal Coia


Seis do Nadal comezaba levando a iniciativa no marcador con vantaxes de 2 e 4 puntos. Os seus bloqueos ó límite do reglamento dábanlle vantaxe en ataque e a súa defensa extremadamente pechada obrigaba ós locais a tirar de fóra máis do previsto. A especulación dos vigueses sobre o tiro local mantívose. Sabedores das baixas porcentaxes de tiro exterior que caracteriza a categoría infantil os locais tentaron introducir algún concepto que lles permitise anotar fácil sen moito éxito. Estudiantes seguía férreo na defensa e a través dunha presión onde destacou Esteban conseguiu roubar balóns e anotar de forma sinxela para poñer as táboas no marcador co último cuarto por xogar. No último cuarto os nosos chegarían a poñerse 4 puntos por encima. Coa sensación de querer romper o partido, as diferenzas nas faltas facía que Seis do Nadal sen mantivese en partido grazas ós tiros libres. Pero a zona 3-2 introducida polo equipo vigués fixo que os espazos en ataque foran aínda máis reducidos. Isto levou a Estudiantes a cometer varios despistes e erros na defensa que finalmente decantaron o partido.


Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Deme, Adrián, Iván, Baeza e Jorge.

ESTUDIANTES

BB Porriño 66-59 Estudiantes Lugo Leyma Natura

O partido comezou con moitas imprecisións de ámbolos dous equipos que a pesar dos erros defensivos non acababan de ver o aro con facilidade. Porriño comezaba marcando as primeiras pautas no marcador ó tempo que asfixiaba ó noso base Lucas na subida do balón non permitíndolle xogar cómodo. Estudiantes sobrevivía grazas ó acerto de Miguel Piedracoba.Durante o segundo cuarto o Estudiantes atravesou algún momento dubitativo onde Jorge primeiro e Seve despois maquillaban un resultado que era máis axustado do que se podía ver na pista pois Porriño levaba o tempo do partido.No terceiro cuarto o Estudiantes desapareceu da pista a pesar dunha primeira reacción por medio dunha presión defensiva traballada durante a semana. Tan só Lucas e Jorge mantiñan as esperanzas dos visitantes dunha remontada. Porriño seguía a anotar con comodidade grazas as perdas do Estu.O último cuarto tivo dúas partes. Unha primeira dominada polos locais e unha segunda onde o Estudiantes tirou máis de corazón que de cabeza. Jorge anotaba e Miguel volvía a aparecer no último instante pero o esforzo foi insuficiente.

Parciais: 12-10, 20-19, 21-15, 13-15.

Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Demelash, Adrián, Iván, Baeza, Jorge.

ESTUDIANTES

Estudiantes Lugo Leyma Natura 58-52 Sigaltec

Desde o inicio de partido os nosos dominaron o partido cunha defensa asfixiante sobre o seu mellor xogador Víctor Arufe que asume gran parte do xogo dos arousáns. Ademáis Estudiantes era quen de ter moito criterio en ataque froito tamén da gran defensa e o dominio do rebote que estabamos a realizar. As rotacións mantiveron con creces o nivel defensivo e o equipo foi abrindo brechas cercanas ós 10 puntos pero sen acabar de rachar o partido porque os rapaces comezaron a tomar malas decisións en ataque e a precipitarse.
Coa reanudación eles apretaron máis en defensa e Víctor Arufe comezaba a entrar en partido. Volveron a precipitarse os nosos e o partido igualábase máis do debido. Durante o último Estudiantes volveu axustar a defensa e o cansancio deles, moi desgastados pola presión fixo que baixaran o nivel defensivo. Tras un intercambio de canastras, Os de Álvaro Abuín levaron o partido de forma merecida.

Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Demelash, Adrián, Iván, Baeza, Jorge.

foto infantil

Artai 53-54 Estudiantes Lugo Leyma Natura

O comezo estivo marcado polo dominio local que a través do seu base, Carlos Fraga, controlaba as situacións de transición. Mais pouco a pouco a actividade defensiva de Estudiantes foise incrementando e Trabado e Lucas conseguían canastras para igualar o marcador. Comezou sufrindo o noso equipo neste cuarto sobre todo no rebote defensivo, aspecto do xogo que era incapaz de dominar. Mais coa entrada dos xogadores altos do noso equipo e un cambio defensivo sobre o base rival, as tornas cambiaron e o Estudiantes comezou a comandar no electrónico conseguindo contraataques e penetracións claras.

O dominio visitante foi cada vez a máis e as vantaxes neste cuarto mantivéronse sempre entre os 6 e os 8 puntos. Estudiantes non acababa de abrir brecha e logo de 4 puntos seguidos de Varela, Artai conseguiría contestar con varias penetración sinxelas de García Argüelles que deixaban todo por decidir. A falta de 4 minutos Artai foi quen de neutralizar a vantaxe de 6 puntos do Estudiantes e tras varios erros e precipitacións dos nosos, a falta de 2 minutos o marcador era de 52-48. Un par de boas defensas e dúas canastras de Trabado e Lucas devolvían a igualdade ó encontro. Con 20 segundos por xogar os nosos comandaban por 52-53 e tiñan posesión. Evitaron ben a falta deixando correr o tempo pero erraban nun tiro precipitando. Artai collía o rebote e provocaban unha falta que permitía a Castro ir á liña do 4,60 e empatar o encontro. A falta de 8 segundos o marcador era de 53-53. Unha falta local nunha penetración á desesperada dos nosos permitía a Trabado anotar o segundo tiro libre para converterse no heroe da mañá.

Parciais: 14-11, 8-13, 9-12, 22-18.

Xogaron: Seve, Esteban, Iván Fernández, Lucas, Trabado, Varela, Demelash, Adrián, Cabezudo, Baeza, García, Óscar e Miguel.

 

ESTUDIANTES

Estudiantes Lugo Leyma Natura 47-58 Insituto Rosalía Fedesa

O encontro comezou moi igualado cun intercambio de canastras entre ambos equipos. Sen embargo, Rosalía comandaba sempre no marcador con diferenzas de 2 e 4 puntos focalizando nos 1x1 do seu mellor xogador (Muse). A tónica continuou neste cuarto. As defensas melloraron ó tempo que se resentían os ataques polos problemas de faltas dos xogadores que estaban a levar o peso anotador en ambos lados. Sen embargo, Estudiantes estaba especialmente perxudicado por este tema provocando que Rosalía ampliara as vantaxes. Durante este cuarto Rosalía tiraría de despliegue físico para aproveitar as dúbidas iniciais do Estudiantes e levar a diferenza máis alá dos 10 puntos. Tras un tempo morto, os nosos apretaron en defensa para volver a reducir diferenzas. Sen embargo, a lesión de Miguel Piedracoba no tramo final deixaba ó equipo tocado. No desenlace comezaron a chegar as primeiras expulsión por 5 faltas dos xogadores do Estudiantes e aínda que estes tiraron de corazón para tentar remontar, pouco se puido facer para equilibrar o electrónico ante un equipo moi superior físicamente. Os nosos buscarán recuperar a Miguel e Seve na próxima xornada ante Artai. 

Parciais: 16-20, 12-16, 13-15, 6-7. 

Xogaron: Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Deme, Adrián, Iván, Baeza, Jorge. Seve non xoga por lesión. 

foto infantil

Bo test para o noso equipo infantil antes de recibir a Rosalía de Santiago o próximo sábado no Anexo no primeiro partido de Liga. Os nosos tiveron máis altos que baixos contra dous rivais moi duros. Ante os campións de Copa os nosos non aguantaron na segunda pero repuxéronse ben ante un Sologas que viña de vencernos na fase de grupos. Finalmente os nosos volveron co 3º posto e coa satisfacción dun gran traballo.

Bosco Salesianos 2001 72 - 53 Estudiantes Lugo Leyma Natura

O partido comezou con moitos nervios por parte dos dous equipos. O equipo ourensán conseguía as primeiras rentas grazas ós tiros libres e un par de triplas que remataban o cuarto. Aínda así a sensación era de máxima igualdade. Durante o segundo cuarto as porcentaxes de tiro de Salesianos foron máis propias dun equipo infantil e o partido igualouse aínda máis. Sen embargo Estudiantes permitía canastras fáciles en contraataque e erraba moitos tiros libres que non lle permitían igualar de todo o marcador. Durante este cuarto os problemas para superar a presión seguiron a facer estragos no Estudiantes, e unidos a un baixón en defensa fixo que as diferenzas aumentaran. Unha última reacción liderada por Trabado fixo que os nosos continuaran con esperanzas. O cansancio fíxose evidente neste cuarto onde Bosco continuou coa súa producción ofensiva aproveitando os continuos erros e a pouca intensidade do Estudiantes no balance defensivo.

Parciais: 17-9, 12-11, 23-18, 20-13.

Xogaron: Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Demelash, Adrián, Iván, Baeza e Jorge. Seve non xoga por lesión.

Estudiantes Lugo Leyma Natura 58 - 40 Sologas B.S. Ferrol

A lesión do seu xogador máis alto nos primeiros minutos condicionou un partido no que Estudiantes xa contaba coas primeiras rentas. Lucas xeraba para que Varela e Miguel anotaran con fluidez e conseguir un gran parcial neste cuarto. Durante este cuarto Sologas empezou a focalizar o xogo no seu mellor xogador que anotaba algunha canastra de mérito que igualaba o parcial do cuarto. Sen embargo o bo xogo dos nosos seguía a manter as distancias. Na reanudación os nosos volvían coa mesma intensidade defensiva e aínda que no comezo do cuarto atravesamos unha pequena crise de anotación, dúas canastras de Deme consecutivas volvían poñer as distancias cercanas ós 15 puntos. Máis do mesmo nun último cuarto que foi un mero trámite cun equipo ferrolano entregado e cun Estudiantes realizando moi bo xogo na pista ourensá.

Parciais: 14-4, 15-11, 13-12, 16-13.

Xogaron: Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Demelash, Adrián, Iván, Baeza e Jorge. Seve non xoga por lesión.

Página 4 de 5
Volver