baeza

Estudiantes Lugo Leyma Natura 63-56 Blanco Amor Coolsport

O partido comezou con vantaxes dos visitantes que saían moi pechados atrás pero coa sensación de que en canto o Estudiantes acertara algún tiro o partido cambiaría as tornas. Sen embargo as porcentaxes non melloraron e tras un tempo morto local o equipo ourensán pechaba aínda maís as súas defensas. Os ataques de Estudiantes seguían sen ser fluídos, os ocos non aparecían e as porcentaxes no tiro exterior beneficiaban a defensa zonal do equipo visitante. Os nosos sobrevivían grazas a algunha situación illada de contraataque e ao rebote ofensivo. En defensa os locais non daban tampouco coa tecla, sufrindo á hora de para ao seu mellor xogador, Angel Pascual, e incapaces de enlazar esforzos permitindo tiros cómodos dos ourensáns. 

Durante a segunda parte a actitude dos locais cambiou e a defensa dos exteriores locais mellorou. Aínda que seguían sufrindo á hora de dar axudas, a intensidade e a presión comezaban a dar algúns réditos permtindo ao Estudiantes reencontrarse coa súa filosofía e correr o contraataque. Durante o cuarto definitivo o Estudiantes foi sempre a remolque no marcador pero por fin comezaba a dominar ao seu rival cunha defensa asfixiante que volvía permitir algunha canastra sinxela en contraataque e transición. No xogo estático pouco a pouco os conceptos contra zona ían saínda á luz e tras un momento crítico a falta de 5 minutos no que o rival se ía 10 puntos arriba, as porcentaxes sorrirían por fin ao Estudiantes. Ao final un gran premio para uns xogadores que non deixaron de crer na remontada en ningún momento. 

Parciais: 14-18, 13-15, 13-10, 23-13.

Xogaron: Deme, Fran, Lucas, Varela, Luis, Baeza, Cabe, Jorge, Pillado, Anxo. 

IMG 7564

Básquet Coruña 40-79 Estudiantes Lugo


O partido comezou dentro do esperado. Unha vez superados tres minutos de continuas idas e vidas e de erros continuos por parte dos equipos, Estudiantes levaba as primeiras rentas grazas ao seu traballo defensivo e de bloqueo de rebote que lle permitía anotar tras correr contraataque. A tónica non cambiou durante o segundo cuarto, engadindo canastras de mérito tras boas lecturas no xogo sen balón dos nosos. Ao descanso 13-41. Sen embargo, o BCA non se deixou vencer con facilidade e reaccionou con agresividade nos seus ataques e aproveitando os erros defensivos e as baixas porcentaxes do Estudiantes neste cuarto. No inicio do último cuarto un último arreón do Estudiantes decantou o partido levando as diferenzas ata os 40 puntos permitindo ao equipo visitante traballar novos conceptos ofensivos.

8-21, 5-20, 16-12, 11-26.

Xogaron: Deme, Lucas, Fran, Varela, Baeza, Cabe, Anxo, Jorge, Luis, Pillado.

lucas

Estudiantes Lugo Leyma Natura 73-46 Marín Peixegalego

O partido comezou mal para os nosos que non atopaban en ningún momento a tecla para anotar. Os ataques eran moi trabados e a circulación do balón era nula. Cada xogador tentaba resolver de xeito individual e isto facía que os xogadores estudantís se defensen sós. En defensa os nosos tampouco se atopaban cómodos e a defensa presionante a toda pista facía augas moitas veces permitindo aos da ría de Pontevedra anotar con comodidade e levar as primeiras rentas no marcador. Durante o segundo cuarto a tónica non cambiaría ata ben mediado o período. Os problemas por faltas permitiu aos nosos dominar o rebote defensivo e poder correr algún contraataque que lles permitia anotar de xeito sinxelo. Sen embargo, e a pesar de que o Estudiantes acabaría dominando o marcador ao descanso, as sensacións non eran boas para o comezo da segunda metade.

A reacción foi boa tralo parón. Tras uns minutos iniciais erráticos para os dous equipos os nosos xogadores foron capaces de corrixir erros no 1x1 defensivo e cunha defensa colectiva moito máis solidaria puideron poñer trabas ao ataque tan estructurado de Marín. Isto permitía que os nosos agora si correran o contraataque dun xeito continuo e non tan anecdótico coma no segundo cuarto. Ademais no ataque estático os colexiais facíanse fortes cunha melloría na circulación de balón que lles permitía anotar tras atacar recuperacións. O arreón final chegou no inicio do último cuarto. Peixegalego, cunha rotación moito máis curta víase perxudicado pola expulsión de dous dos seus mellores xogadores servindo en bandexa o triunfo ao noso equipo e permitindo levar unha renda máis abultada do que parecía prever o partido nun principio.

O equipo quixo adicarlle a victoria a Álex Díaz que non puido acudir ao partido tras ser operado de urxencia dunha apendicite. Afortunadamente todo saiu ben e desde o Club Estudiantes Lugo queremos desexarlle a mellor recuperación posible. 

Parciais: 13-20, 17-9, 13-9, 30-8.

Xogaron: Deme, Fran, Lucas, Luis, Varela, Baeza, Cabezudo, Jorge García, Jorge Pillado, Anxo.

 inf masc

Gran xornada de domingo para os infantís do Estudiantes Lugo que remataron como campións da Copa Galicia. Tras vencer a dous rivais moi duros como Blanco Amor en semifinais e Instituto Rosalía na final os nosos afrontarán o inicio da Liga coa motivación extra de levar o primeiro título da tempada. Unha vez vencidos os nervios iniciais polo feito de xogar na casa diante da súa xente, os xogadores de Álvaro Abuín pronto dominaron o restante da competición colleitando un merecido premio. 

Estudiantes Lugo Leyma Natura 80-56 Blanco Amor Coolsport

Blanco Amor comezou levando a iniciativa cun Ángel Pascual que facía moito dano penetrando. Con 4-12 en contra o Estudiantes reaccionou tras o tempo morto. Axustando a defensa o equipo pouco a pouco comezou a encontrarse tamén máis cómodo en ataque. O parcial do segundo cuarto foi moi favorable aos nosos que tras conseguir empatar o encontro daban un último acelerón na segunda metade do cuarto grazas a unha gran defensa e doblando marcaxe cos xogadores importantes rivais. Isto permitía ao Estu poder correr contraataques de xeito cómodo.
Comezou igualada a segunda metade e cun Blanco Amor centrado en remontar. Sen embargo, tras unha pequena reacción visitante a defensa local pronto volveu ser a do segundo cuarto e deixou aos ourensanos en 7 puntos deixando o partido case visto para sentencia grazas tamén ao dominio do rebote en ambos lados. Durante o último cuarto os equipos trataron de dar tempo a tódolos seus xogadores e traballar aspectos de cara a partidos posteriores manténdose a distancia no marcador entre ámbolos dous equipos.

Parciais: 17-23, 27-8, 18-7, 18-18.

Xogaron: Deme, Fran, Álex, Lucas, Varela, Luis, Cabe, Baeza, Jorge, Anxo, Pillado.

 

Estudiantes Lugo Leyma Natura 79-61 Instituto Rosalía

O partido comezou cun claro dominador. O Estudiantes Lugo conseguiría as primeiras rentas no marcador para non deixar escapar o liderazgo en todo o partido. Por medio do 1x1 e dalgún contraataque os nosos conseguían chegar ao descanso entre cuartos con 11 puntos de vantaxe. O cansancio deixouse notar en ámbolos dous equipos neste cuarto e as defensas fixeron augas nas dúas canastras. O ataque do Estudiantes ademáis era trabado e a alta anotación chegaba de contraataques e algún 1x1 illado. Ademais o equipo non era capaz de dominar o rebote pese a superioridade de centímetros.
Durante o terceiro cuarto volveron as boas sensacións en defensa e así o equipo podía manter as rentas colleitadas no primeiro cuarto. Os problemas de faltas non axudaban ao equipo local que en ataque seguía sen dar coa tecla. O último cuarto volveu dar certas sensacións positivas ao Estudiantes no contraataque e en algunha boa lectura ofensiva. O cuarto pronto se converteu nun trámite entre dous equipos que xa coñecían ao vencedor.

Parciais: 24-13, 24-24, 13-8, 18-16.

Xogaron: Deme, Fran, Álex, Lucas, Varela, Luis, Cabe, Baeza, Jorge, Anxo, Pillado.

 

ESTUDIANTES

Estudiantes Lugo Leyma Natura 71-64 Estudiantes Pontevedra

O partido comezou igualado pero con Pontevedra levando a dianteira no marcador. Estudiantes buscaba presionar e sacar do partido ao mellor xogador visitante, un dos mellores xogadores da categoría e no que se basea todo o xogo rival. Logo do 6-12, unha boa reacción estudantil deixaba o parcial do 1º cuarto en 12-12. No segundo cuarto a segunda falta de Miguel Meruéndano facía que o Estudiantes puidera marchar no marcador e rematar o cuarto cun 29-18 a favor moi esperanzador. A saída tralo descanso foi moi boa e o Estudiantes sobrepoñíase aos problemas de faltas (40 faltas en contra). Estudiantes aguantaba ben en defensa e Pontevedra só anotaba a través dos tiros libres. Tras unha técnica ao adestrador visitante Estudiantes chegaba a contar con rentas de ata 20 puntos que acabarían sendo definitivas. Sen embargo a técnica fixo que o terzo cambiara e os problemas de faltas se incrementaran aínda máis para o equipo local. Os visitantes comezaban a abrir espazos e a aproveitar os desaxustes xurdidos de que o equipo tivera que centrarse tanto en Miguel. Tras dúas triplas do equipo rival foi cando Carlos Varela se botou o equipo á espalda para sellar o partido cun average a favor que nos deixa máis preto da salvación. Destacar tamén o excelente traballo defensivo de todos, en particular de Deme e Óscar.

Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Deme, Adrián, Iván, Baeza, Jorge.

IMG 7564

Estudiantes Lugo Leyma Natura 42-59 Básquet Coruña

O partido comezou con idas e vidas de ambos equipos cun Estudiantes centrado en defensa e con fluídez ofensiva que permitía que os nosos comandaran no marcador ata o remate deste período. O segundo cuarto comezou na mesma liña do primeiro ata que a falta de 7 minutos para rematar Básquet Coruña daba un arreón e o Estudiantes comezaba a cometer erros defensivos. Dous tempos mortos case consecutivos e os cambios defensivos non deron freado a sangría e pouco a pouco o equipo herculino foi abrindo diferenzas. Tras unha melloría local nos últimos intres, o Estudiantes mantiña vivas as esperanzas co 20-27 ao descanso. Logo do parón a tónica volveu ser a de case todo o segundo cuarto. Básquet Coruña aproveitaba a súa superioridade física para volver marchar no marcador por 19 puntos e parecía sentenciar o encontro. Sen embargo, os locais non se rendiron e por medio da presión volveron a meterse en partido e dispuxeron de varias intentonas para baixar a diferenza dos 10 puntos que finalmente saíron cruz. Ao final o marcador disparouse para os visitantes froito de varias accións á desesperada do Estudiantes por achegarse.

Xogaron: Seve, Esteban, Óscar, Lucas, Varela, Trabado, Deme, Adri, Baeza, Iván, Jorge.

lucas

Seis do Nadal 45-53 Estudiantes Lugo Leyma Natura

A defensa do Estudiantes facía sufrir aos vigueses que só anotaban 4 puntos no primeiro cuarto. Os nosos anotaban por medio de contraataques e transicións e no 5x5 con tiros de fóra. A defensa do Estudiantes comezou a cometer erros e metía no partido a Seis do Nadal. En ataque continuaba o acerto con momentos de mala racha que permitían manter as rentas. O terceiro cuarto estivo dominado por Estudiantes logo duns primeiros momentos de incertidume por erros na presión visitantes. Despois de que o Seis do Nadal se puxera a 4 puntos o Estudiantes reaccionou cunha actitude magnífica e volveu a manter as diferenzas cercanas ós 8 puntos para levar un encontro moi complicado contra unha defensa moi pechada e nunha pista moi complicada.

Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Deme, Baeza, Adri, Iván, Jorge.



Lucas Álvarez  do Estudiantes Leyma Natura adestrará coa selección galega infantil masculina á concentración que terá lugar en A Estrada o venres día 20 de marzo de 2015 no Pavillón Manuel Coto Ferreiro, na R/Cultura na Zona Deportiva da Estrada.

O domingo día 22 de marzo de 2015  a concentración trasladarase a Lugo, no Pavillón Anexo 1.

Dase a circunstancia de que Lucas é un xogador de primeiro ano nunha selección de segundo ano.

Todos os xogadores convocadas están citados ás 11:30 h nos citados pavillóns. Os adestramentos serán de 12:00h a 14:00h e de 18:30 a 20:30h. 

O equipo está adestrado por Ricardo Aldrey que conta entre os axudantes co adestrador do noso Club Javier Peinó.

 

 

 

 

lucas

Estudiantes Lugo Leyma Natura 51-48 Porriño BB

A presión a toda pista plantexada polos locais comezaba dando réditos e poñía en apuros cada ataque dos visitantes traendo as primeiras vantaxes para o lado lugués a pesar de que o equipo comezaba a verse mermado pola acumulación de faltas. Durante a primeira metade o gran traballo de todos fixo que as diferenzas aumentaran gracias ó dominio do rebote e ó acerto desde posición lonxanas ó aro. Logo do descanso Porriño aumentaba a agresividade da súa presión ó tempo que subía máis as liñas. O Estudiantes saía ben e tivo varias canastras en superioridade para levar o encontro a un diferenza cercana ós 20 puntos. Sen embargo estes erros fixeron que o choque se igualara moito ó final deste cuarto. O Estudiantes tivo que loitar contra a expulsión de catro xogadores nos minutos finales e contra unha presión rival moi agresiva. Os locais chegaron a disponer dalgunha posesión para levar o average que estaba en -7 polo partido da primeira volta pero finalmente a victoria soupo a gloria.

Parciais: 14-5, 15-11, 12-21, 10-11. 

Xogaron: Seve, Esteban, Miguel, Óscar, Lucas, Trabado, Varela, Deme, Adri, Iván, Baeza, Jorge. 

lider porta deme

Como cada mércores, o suplemento Líder de La Voz de Galicia trae a actualidade máis fresca das ligas de formación en Lugo. E esta semana os nosos infantís de Liga Galega son portada trala súa victoria ante CB Artai vital para a permanencia. Na imaxe destaca podemos ver a Demelash tratando de meter unha canastra imposible diante de dous defensores do equipo de Carballo. No interior, coma sempre, crónicas e fotografías de todos os nosos equipos. Se aínda non te fixeches con el, aínda estás a tempo. Que o disfrutedes.

Página 3 de 5
Volver