EBA (54)

solobasket top 5

O bo xogo de Sergi Quintela e Roberto Abuín na tempada pasada (13/14) non pasou desapercibido para a principal web de información baloncestística. Solobasket.com vén de elaborar unha reportaxe onde fala dos principais xogadores sub20 da principal liga de promoción de valores mozos. No top 5 do grupo A a web inclúe ós nosos canteiráns Sergi Quintela e Roberto Abuín. De primeiro na lista tamén aparece un vello coñecido da familia do Estudiantes: Brais Gago.

No seu primeiro ano sénior Abuín anotou 10,3 puntos por partido, colleu 3,5 rebotes e repartiu 1,9 asistencias. Ademais liderou gran parte da tempada o apartado de triplistas do grupo cun 41,6% en triplas. O base lugués estivo ben acompañado polo escolta Quintela que no seu segundo ano júnior promediu 11,9 puntos, 2,5 puntos, 2,1 asistencias por partido. O tamén lugués, liderou o apartado de recuperacións do grupo con 3,3 por partido. 

Non tardaron en darlle a razón os nosos ó top 5 de Solobasket e no primeiro partido de EBA xa tiveron uns números moi destacados. Roberto anotou 16 puntos, colleu 4 rebotes e repartir 2 asistencias (na estatística oficial non aparece unha tripla do noso xogador). Aínda foi máis aló o Sergi que se erixiu no MVP da xornada no grupo A-B con 32 de valoración (24 puntos, 6 rebotes, 3 asistencias e 9 faltas recibidas). Os números de ámbolos dous estudiantís foron clave na victoria do noso equipo EBA en Zamora ante CB Virgen de la Concha por 72-84.

Pola outra banda, o noso ex, Brais Gago tamén comezou con bo pé no apartado individual con 21 puntos, 4 rebotes, 5 asistencias e 11 faltas recibidas para valorar 27. Brais Gago tamén está a ter protagonismo co Cocinas.com de Leb Oro, equipo co que está vinculado. 

Podedes consultar a reportaxe de solobasket.com  AQUÍ.

 

marcos eba

O noso 1º Equipo comeza a Liga este domingo. Farao fóra da casa ante o Virgen de la Concha de Zamora que vén de renovar case a totalidade do seu plantel. Teremos que agardar ata o domingo 26 de Outubro para ver por fin ós de Álex Polo no Pazo ante Betanzos.

 Como acontece cada verán, o plantel sufriu algunhas baixas e por iso non veremos a catro xogadores da tempada pasada nesta que vai comezar. Brais Gago e Álex Reyes abandonan o noso club para xogar con equipo de CB Clavijo na EBA. Ámbolos dous subirán como vinculados ó equipo de Leb Ouro onde Brais xa dispuxo de minutos nas dúas xornadas disputadas. Ademais o equipo non contará con Luke Gibson que xogará en Betanzos e con Martín Gómez.

Para substituír as baixas o noso equipo verase altamente reforzado por xogadores que abandonan a súa etapa júnior. O escolta Sergi Quintela e os interiores Milo Vukcevic e Gullit Mukendi terán moito máis peso este ano nun equipo que precisa deles. Na dirección volverán a comandar Roberto Abuín e Marcos Ruiz, que afrontan o seu segundo ano sénior como líderes do equipo. O plantel volverá estar capitaneado polo pívot Javi Prieto, que cumplirá a súa 7ª campaña na nosa disciplina. O equipo estará completado polo ala-pívot Fernando Lago e por algún xogador en fase de maduración no equipo de 1ª División e no Júnior Autonómico.

Un ano máis temos que destacar a aposta pola xuventude que o noso club fai con este equipo. Esta tempada 14/15 volveremos ser os máis novos de todo o grupo A cunha media de idade que non chega ós 19 anos. Tan só dous equipos do noso grupo, tamén adicados á formación, se achegan a esta cifra: Rosalía (21 anos) e Básquet Coruña (22). Se miramos cara o grupo A-A tan só Easo, La Rioja e Fundación Baloncesto Valladolid contan cunha media de 22 anos de idade. 

Un ano máis, o equipo estará dirixido por Álex Polo coa posición de axudante cuberta por Pablo Abuín. Na preparación física repite Miguel Morandeira e como delegado, o incansable Marcos Quintela. Sen dúbida cada un deles verquerán nos nosos xogadores a paixón e o esforzo sen pausa que amosan cada día por este deporte e polo Estudiantes Lugo. 

logo liga EBANa maña de hoxe nos locais da Federación Española de Baloncesto  sorteouse o calendario de emparellamentos dos 14 equipos que a FEB encadrou neste grupo da Liga EBA,: Baloncesto Narón, La Sidrería Ferrol CB, Grupo INEC Queso Zamorano, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Instituo Rosalía de Castro, CB Chantada, Agustinos-Eras, Aquimisa Laboratorios CB Tormes, Básquet Coruña, CB Virgen de la Concha, Santo Domingo Betanzos, CD BVB, ULE Fundación CB León y BVM 2012.

A competición terá unha duración  de algo mais de oito meses,  escomeza o 19 de Outubre e remata o 9 de Maio do 2015, con descanso no Nadal.

O  noso equipo do Estudiantes Leyma Natura  debutará  na competición da tempada 2014-15 contra o "Club Baloncesto Virgen de la Concha" o día 19 de Outubre.

O primeiro encontro en Lugo está programado para o fin de Semana do 26 de Octubre contra o "Santo Domingo de Betanzos"

O derby provincial contra o Club Baloncesto Chantada o 11 de xaneiro e o partido de volta na en Lugo o día 19 de Abril do 2015

 

 

Descarga Calendario da Competición 2014-15.

 


O sábado día 14 dous equipos do Club Estudiantes Lugo desprazaranse a Ourense para participar nos torneos que alí se desenrolarán. Por unha banda o equipo Sub 22 participara na segunda das citas competitivas do novo Torneo Sub 22 Galicia. A primeira  celebrada en Lugo o pasado 31 de maio, na cal participou o noso equipo Leyma Natura Estudiantes en calidade de anfitrión e convidouse a un combinado dos nosos xogadores e exxogadores a participar nun segundo equipo, Estudiantes Lugo, en calidade de equipo combidado.

Tralos resultados das eliminatorias, - Estudiantes Lugo 98 - 74 Club Ourense Baloncesto - ABO e Leyma Natura 72 - 56 Instituto Rosalía-, os nosos equipos xogaron a final: Leyma Natura 101 - 75 Estudiantes de Lugo

Nesta nova cita o equipo convidado que xogará contra Rosalia de Castro de Santiago, COB Ourense, e Leyma Natura Estudiantes Lugo será o equipo asturiano do Baloncesto Mieres.

O noso plantel será dirixido polo adestrador Miguel Ángel Hoyos, que dirixiu o equipo Malabo Kings de Guinea Ecuatorial, e que recentemente asinou contrato pra as duas vindeiras tempadas co equipo dánes Hørsholm 79ers. 

As 10:30 horas no pabillón "Paco Paz" a primeira semifinal do Leyma Natura Estudiantes Lugo contra o Instituto Rosalia. As 12:30 COB-Mieres;  pola tarde terceiro-cuarto posto e final.

Paralelamente na pista auxiliar do "Paco Paz" disputarase dende as 10 da maña un Torneo en categoría infantíl ca presenza de dous equipos do Blanco Amor, un do Cob Ourense-ABO, e o noso Infantíl. Pola tarde partido polo terceiro e cuarto posto e final.

 

sábado, 03 de mayo de 2014, no Pabellón San Esteban de León, as  19:00 horas interesante partido de baloncesto entre C.B. AGUSTINOS ERAS vs ESTUDIANTES LUGO, onde os dous equipos xoganse unha praza pra disputala Fase de Ascenso a Liga LEB.

Tras unha espectacular tempada, cun importante crecemento dos xogadores, incluido moitos Juniors xogando en Senior, o equipo EBA chega a derradeira xornada con posibilidades de meterse na Fase Final pra loitar por unha praza para xogar na Liga Adecco Prata o ano que ven.  

As nosas posibilidades están condicionadas a gañar, e esperar outro resultados. As posibilidades directas dos leoneses pasan por gañarnos a nós.

O partido servirá para recaudar fondos para mercar un desfribrilador. O noso Clube sumase o evento, e fai un chamamento a todos para participar neste acto solidario O prezo da entrada será de 3 euros, e os asistentes recibirán unha pulsera e poderán participar no sorteo de agasallos. 

O partido e de tal importancia na cidade Leonesa que será retransmitido en directo por Cope León.

aqoFCFSV

 

O equipo de Liga EBA xoga este xoves a partir das 10:00 horas no Anexo do Pazo Provincial un encontro amigable ante o "Cidade de Ponferrada", que lle servirá o cadro ponferradino para preparar a fase de ascenso Liga EBA, onde o  exercerá como anfitrión, dende o dia 9 ao 11 de maio no Pavillón doToralín.

Este encontro é froito da colaboración asinada que existe entre ambolos dous Clubs .

WEB CDP

Con tres equipos ya clasificados para la última batalla de la temporada en la Liga EBA, queda por conocer el nombre de los trece equipos restantes que les acompañarán. A apenas tres jornadas para la conclusión de la Liga Regular, así está la pelea por estar en la Fase de Ascenso.

CARMELO GUTIÉRREZ / ÁREA DE COMUNICACIÓN FEB

Grupo A-B

A dos jornadas para la conclusión de la primera fase, cuatro equipos tienen opciones reales de alcanzar las dos primeras posiciones. El enfrentamiento de la última jornada entre Agustinos Eras y Estudiantes Lugo puede resultar decisivo.

- Agustinos Eras (16-4): Depende de sí mismo. Dos victorias le darían el pase como primero de grupo. Pero una derrota le complicaría mucho las cosas ya que en caso de triple empate es el principal perjudicado.
- Grupo INEC Queso Zamorano (15-5): Al igual que la escuadra leonesa, dos victorias le valdrían para estar en la pelea por el Ascenso. La próxima jornada tiene una importante prueba en el derbi zamorano.
- CB Chantada Galicia Vento (15-5): El dominador de gran parte de la temporada necesita que alguno de sus predecesores pierda un encuentro y no fallar ellos en los dos choques que quedan. Ojo que les queda una complicada salida a Narón.
- Estudiantes Lugo Leyma Natura (14-6): Los lucenses necesitan ganar sus dos partidos y al menos dos tropiezos de sus rivales. En ese caso, los dobles y triples empates les beneficiarían. Complicado calendario: Aquimisa en casa y Agustinos fuera.

 

Leer artículo Completo en www.feb.es

 

O domingo ás 17:00 horas no Pazo, o noso equipo de liga EBA, recibe o segundo clasificado do grupo AB, Agostiños Eras León.

Este encontro supón o fin da primeira volta, e é unha cita vital de cara ás aspiracións dos nosos de continuar nas primeiras posicións. De gañar, colocariámonos cun balance de 7 victorias e 3 derrotas, e afrontariamos a segunda volta do campionato coas mellores previsións cumpridas e na loita por prazas de ascenso.

Para logralo teremos que superar o equipo máis en forma da liga. Un bloque sen fisuras e que mantén o equipo dende hai varias tempadas, o que lles permite xogar case de memoria e posuír moitas alternativas tanto ofensivas coma defensivas.

Pola nosa banda, os rapaces están a traballar a tope. Varios deles con molestias ou lesións, pero ningún se quere perder este vital encontro, traballando ao límite das súas posibilidades para poder xogalo encontro.

O adestrador Alex Polo e os xogadores fan un chamamento a todas as familias do clube para que apoiemos o domingo, ca esperanza de que poidamos gozar dunha grande tarde de baloncesto.

Como sempre a entrada e de balde.

Reportaxe en video do encontro do pasado Fin de Semana contra o Aquimisa disputado en Salamanca polo noso equipo de Liga EBA Estudiantes Leyma Natura.

A reportaxe foi publicada na web http://www.salamancartv.com/

 

 

 

Roberto Abuín, del Club Estudiantes Lugo, nacido en Lugo en 1995, debutó el pasado sábado con el Ribeira Sacra Breogán  contra el Lleida Basket, en la Liga LEB ORO.

Roberto es un base, de 1.90 metros, que en su calidad de jugador vinculado, condición que también ostentan Alejandro Reyes y  Martín Gómez, entrena de forma  habitual con el equipo de LEB ORO, compaginando sus entrenos con el equipo de Liga EBA, en el que promedia 12 puntos, 3.6 rebotes, 2 asistencias en 28  minutos de juego en los 8 partidos disputados.

El jugador se caracteriza por su talento para dirigir, de su buen tiro, promedia en la actualidad un 51% de tiros de 3 puntos, y gracias a su altura, luchar por el rebote tanto ofensivo como defensivo. 

Página 4 de 4
Volver