EBA (54)

rober javi pick

Estudiantes Lugo Leyma Natura 57-70 Agustinos Eras León

De novo un gran partido e un enorme esforzo que queda sen recompensa para o noso equipo EBA. Recibíamos nesta xornada a visita do líder invicto, o Agustino Eras de León ó que tuteamos durante todo o encontro ata os últimos 3 minutos de partido donde a diferenza se disparou de maneira irreal. O primeiro cuarto foi sumamente igualado. Tras dúas triplas de Abuín e unha canastra de Gullit os nosos comezarían cun 8-2 moi esperanzador. Sen embargo os visitantes refixéronse por medio do seu xogo interior marchando ó descanso entre cuartos con dous puntos de vantaxe. A falta dun minuto para e medio para o descanso Estudiantes empataba o electrónico froito dunha boa defensa e duns Abuín e Gullit moi entonados. Sen embargo un par de accións desafortunadas darían sete puntos de vantaxe ós casteláns. A reanudación viría marcada novamente pola igualdade e gran parte deste cuarto se move en diferenzas de 2 e 4 puntos, ata que a película se volve a repetir no remate do cuarto cun +8 para León. Os ataques comezaban a resentirse froito da fatiga. No último cuarto os nosos botaron o resto e a piques estiveron de conseguir dar a campanada. Sen embargo, nos últimos tres minutos o combustible non deu para maís e o Estudiantes desinflouse. Roberto Abuín con 19 puntos e 5 rebotes e Gullit Mukendi con 14 puntos e 5 capturas foron os máis destacados dos nosos no plano estatístico. 

As estatísticas podes consultalas AQUÍ

rober subida

Estudiantes Lugo Leyma Natura 55-57 BVM 2012

O noso equipo volveu desplegar un enorme esforzo sobre a cancha para intentar vencer o encontro superando as baixas de Milo e Pablo por lesión e con Marcos Ruiz tocado no nocello. O choque comezou moi igualado aínda que ningún dos dous equipos se notaba cómodo na pista. O inicio do segundo cuarto achegaba o ritmo de partido ó que os nosos querían e iso obrigaba ós visitantes a pedir tempo morto a falta de 4 minutos para o descaso véndose 4 puntos por debaixo. De ahí as tornas cambiaron e os asturianos marcharían con 6 puntos de vantaxe ó descanso. O inicio do terceiro cuarto seguiría polo mesmo camino e o paso á defensa zonal non cambiaría nada chegando a perder por 17 puntos a falta de 4 mnutos para remate deste período. Ahí todo cambiou. O esforzo por remontar en defensa foi titánico e os nosos estaban en tódolos lados. Mieres sufría ata para subir o balón a campo ofensivo. A falta de menos dun minuto os nosos poñeríanse 4 arriba pero a fatiga e o acerto desde o 6,75 de Mieres voltearon o marcador.

As estatísticas podes consultalas AQUÍ.

 

 

eba equipo

Coa baixa de Sergi Quintela, que marcha ao Xuven Cambados para seguir progresando na súa carreira deportiva, o equipo EBA reforzará o grupo de traballo con xogadores da casa. Foron varios os xogadores que trala nova xurdida coa marcha de Sergi se puxeron en contacto co club para ofrecer os seus servizos ó noso equipo EBA. Todos eles xogadores máis que interesantes e ós cales estamos moi agradecidos. Sen embargo a decisión do club e seguir apostando pola xente da casa e polo noso traballo de formación cos xogadores da canteira. É por isto que o grupo de traballo se reforzará con xogadores do equipo júnior. Non haberá máis presión para eles que a de seguir medrando nos planos deportivo e personal xa que o noso equipo EBA está exento de calquera marca clasificatoria.  

sergi bandexa 2

O bo arranque de tempada de Sergi Quintela non está a pasar desapercibido para os clubs que buscan reforzar a súa liña exterior no mercado de inverno.

O Xuventude de Cambados de Leb Prata mostrou nos seus últimos días o seu interese no xogador lugués formado na nosa disciplina. Seguros de que será unha grande oportunidade para o seu crecemento como xogador , Sergi xa se incorporou esta semana á disciplina do equipo que dirixe Yago Casal, e  á espera de que ambos clubs fagan oficial o preacordo polo cal a nosa perla marcharía cedido até final de tempada.

Sergi Quintela promedia 18,3 puntos partido, 4,7 rebotes, 2,7 asistencias e 2,3 roubos por partido para unha valoración media de 18,6.

Neste resumen, da canle youtube "Pistaroja" podemos ollalo xogar:

 

 

 

 

 

sergi bandexa

Tras o acordo definitivo entre os clubs xa é oficial. O lugués xogará cedido o resto da tempada no Xuven Cambados de Leb Prata. O equipo que dirixe Yago Casal vén de sufrir dúas baixas no seu xogo exterior e de ahí a razón da incorporación de Quintela que en EBA estaba a promediar 18,3 puntos, 4,7 rebotes, 2,7 asistencias e 2,4 roubos por partido para unha valoración media de 18,6.

Con esta incorporación, Sergi súmase á colonia de xogadores formados no Estudiantes Lugo que militan actualmente no Cambados como son Placide Nakidjim, Charles Nkaloulou, Emilio Oubiña e o seu propio irmán, Erik Quntela, cos que compartirá vestiario. Tamén o ano pasado militou no plantel outro xogador  formado á beira do Miño como Rafa Wildner.

 

Tras sete xornadas  disputadas no que vai de Liga e hora de facer un breve resumo dos datos estadísticos dos xogadores que dirixe Alex Polo, que ocupan o séptimo posto da clasificación con 3 victorias e 4 derrotas. 

Asi no apartado anotador temos a Sergi Quintela, (escolta nado no 1996), no quinto posto dos máximos artilleiros do Grupo AB da Liga EBA con 18.29 puntos de media. Segueo moi de preto o base Roberto  Abuín, (1995), no  undécimo posto con 14.83 puntos de media por encontro.

No apartado de asistencias entre os 15 millores tres xogadores do Leyma Natura Estudiantes: Sergi Quintela (2.7), Marcos Ruiz, (nado no 1995) (2.5) e Roberto Abuín (2.3).

Nas recuperacións Roberto e Sergi no cuarto e quinto posto con 2.5 e 2.4 balóns recuperados respectivamente.

Gullit Mukendi (1996) no séptimo posto dos máximos taponeadores con un tapón de media por encontro.

Jose Antonio López (1996) encabeza a lista dos millores tiradores de tiros de 2 puntos da competición cun magnifico 71%.

Jose Antonio López tamen destaca nos tiros de 3 puntos, no quinto lugar con (4/9), 44%,  asi como tamen ocupan lugares destacados Adrian López cun 41%, (5/12),  e Roberto Abuin cun 40%, (14/35) tiros. 

O lider dos Tiros Libres e o noso ala-pivot Milo Vukcevic (1996)  cun notable 93%  tras un (15/16) dende a línea dos 4.70, 

Subliñar que tres xogadores do Junior xa xogaron este ano na Liga EBA: Iker Pérez, Pablo Ferreiro e Ioannis Mitchatolousos que xa promedia case 20 minutos por partido, encabezan os rankings de equipo en (Tiros de 2 : Iker 1/1 100%), (Pablo: 1/1 100%) e (Iannis Tiros Libres 5/5 100%) mais non computan nos rankings FEB xa que non acadan o número de partidos/tiros mínimos para elo.

Por xentileza da web www.baloncestoconp.es e co seu permiso para a reproducción de contido :.

Link 1 a web baloncestoconp. Espazo xenerico con todolos datos do equipo: as medias, os partidos disputados cun pequeno resume dos millores de cada partido, o enlace a estadísticas globais, os records da tempada e os mvp´s de cada categoría

Link 2 a web baloncestoconp. Enlace as medias acumuladas de cada xogador do equipo en cada un dos apartados computabeis

 

 

 

sergi javi pick

Grupo Inec Queso Zamorano 74-73 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Cruel desenlace para un gran partido dos nosos homes ante un rival moi superior chamado a xogar por ascender. Un inicio de partido moi igualado daría paso as primeiras vantaxes do equipo visistante cun gran traballo colectivo en defensa e un ataque moi incisivo sobre os puntos débiles do rival. Xa no segundo período as diferenzas serían aínda maiores e chegaban ata ós 10 puntos co paso ó descanso. Na reanudación os locais tentaron a remontada cun cambio a defensa zonal, e valeulles para ponerse a tan só 2 puntos do Estudiantes aínda que o que realmente metía ós zamoranos no partido serían os nosos erros en balance defensivo. Mediado o último cuarto os locais conseguirían poñerse por primeira vez por diante. O tempo morto de Álex Polo neste momento fai reaccionar ós nosos que endosarían un parcial de 8-0 a INEC. Con dúas triplas consecutivas os locais apretaban de novo o electrónico. Con 3 arriba e a falta de 35 segundos Zamora anotaba unha tripla moi ben defendida polos nosos que facía necesario resolver o partido na prórroga. Nestes últimos 5 minutos o partido foi unha vez máis de máxima igualdade e os nosos finalmente non puideron traer a victoria para Lugo.

As estatísticas oficiais: AQUÍ.

rober subida

Estudiantes Lugo Leyma Natura 85-66 La Sidrería Ferrol CB

Unha gran defensa e a volta ó rodo da dupla formada por Sergi Quintela e Roberto Abuín permitiron ós nosos colleitar a terceira vitoria logo de tres semanas de traspés. Os primeiros compases do encontro foron moi igualados e tivemos que agardar até a recta final do primeiro cuarto para abrir algo de oco grazas a unha boa presión a todo campo que cambiou o ritmo do partido e nos deu algunha canastra sinxela en contraataque. O segundo cuarto mantivo a tónica defensiva a todo campo e axudou a romper o partido antes do descanso, chegando ó mesmo cunha diferenza de 18 puntos que deixaba tocado ó equipo ferrolano. O paso polos vestiarios axudou ós visitantes que apretaron o marcador ata os 12 puntos apoiados nunha zona en formación 2-3. Mais a concentración defensiva, dábanos a seguridade suficiente para seguir dominando o resto do encontro anotando en transición e cunha gran segunda metade dun Roberto Abuín moi enchufado que acabou con 5 triplas.

Podes consultar as estatísticas oficiais AQUÍ.

marcos bandexa

No partido houbo dúas metades moi diferenciadas. Na primeira parte o ritmo de partido ían por onde nós queríamos. Solamente pequeñas faltas faltas de constancia nos obxectivos ofensivos e a axuda dos exteriores no rebote defensivo que impedían dominar por más no marcador. Ó descanso chegamos cunha diferenza favorable por 2 puntos que non facía xustiza á superioridade que os nosos mostraban en pista. As ideas de atacar ós seus mellores homes Alberto Seco e Armenio Pazos daba os seus froitos e o revulsivo Jose López non permitía que os interiores anotaran fácil.
O terceiro cuarto comezou igual de ben, pero o erro en tiros sinxelos impedía abrir brecha no marcador. Mediado este cuarto a dinámica cambiou e volvímonos brandos atrás e erramos moitos tiros liberados contra a súa defensa zonal. Isto permitiulles coller a eles a iniciativa no marcador por primeira vez no encontró.
O último cuarto foi unha debacle para o noso equipo. Os xogadores esqueceron o plantexamento de partido que tan ben fora ata o momento e foron incapaces de executar os sitemas propios ó tempo que facían augas na defensa do un contra un. Isto levounos a sucumbir ante un gran rival, que se mantén líder invicto da competición.

As estatísticas poden consultarse AQUÍ.

rober javi pick

Estudiantes Lugo 74-83 Fundación Baloncesto León

Derrota na casa frente a Fundación Baloncesto León que sen dúbida será un dos equipos chamados a estar na zona media alta. Os nosos chegaban tocados con Roberto Abuín saíndo de lesión e Sergi Quintela cun proceso viril que non lle permitiu comer nos días anteriores ó partido. O primeiro cuarto caía do lado local pero as sensacións non eran tan boas como amosaba o resultado e o noso equipo encaixaba puntos sinxelos por erros no balance e na defensa de poste baixo. No segundo cuarto os erros seguían a repetirse o que provocou que o equipo leonés puidera pasar a liderar o marcador.
Tralo descanso o equipo visitante luciu o seu mellor xogo e o noso equipo deixou entrever as carencias tanto físicas como de saúde que mermaron ó equipo o domingo. Isto levou ós nosos a acumular a maior desvantaxe do encontro en 13 puntos. Nese momento irrumpiu Jose no encontró para cambiar a dinámica do equipo aportando un plus de anotación en ataque e maior intensidade defensiva. De novo os nosos volveron ser competitivos e a falta de 40 segundos poñíamonos a 2 puntos. Sen embargo neste tempo a moeda saiu do lado da cruz e nada puidemos facer para sumar a nosa terceira victoria.

 

As estatísticas oficiais poden consultarse AQUÍ.

Página 3 de 4
Volver