EBA (54)

Innova Chef 58-82 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Importante victoria a domicilio del conjunto que dirige Gustavo Soares. El partido no comenzó demasiado bien para los nuestros, muy desajustados atrás y con un ex jugador estudiantil, Milo Vukcevic, anotando con facilidad y haciendo mucho daño. Los lucenses lograban ponerse por delante y dominar el partido cuando consiguieron pararlo y castigarlo con faltas. En ataque, Roberto Abuín anotaba con mucha facilidad tanto desde la línea de tres como desde dentro del perímetro. Pablo Córdoba conseguía también convertir sus triples y Seydou Aboubacar dominaba tanto ofensiva como defensivamente. El encuentro resulta cómodo para Estudiantes Leyma Natura ya al descanso, con todos los jugadores aportando, anotando y defendiendo. Esto hace que el banquillo esté animado y que los chicos den el 100% cuando entran a pista. Estas dos victorias consecutivas dan mucha confianza al equipo lucense, pues llegan con varios jugadores de la plantilla lesionados, lo que hace que todos se sientan importantes. El domingo reciben en el Pazo Provincial dos Deportes a Calidus Galego COB, una cantera que aspira a ser un proyecto fuerte en Galicia. Gustavo Soares ha querido agradecer al final del encuentro a todos aquellos que han hecho posible la incorporación inmediata de Modestas Paulauskas, ya que debutó en menos de 24 horas. ¡Enhorabuena chicos y a seguir trabajando!

Para ver la estadística del partido, haz click aquí.

Estudiantes Lugo Leyma Natura 77-70 Residencia Las Encinas CDP

El conjunto lucense no empezó bien el partido, los jugadores salieron a pista muy fríos, sin aguantar los 1x1 y sin ningún dominio del rebote.

rober javi pick

Como viene siendo habitual nuestro equipo de liga EBA está a un paso de cerrar la permanencia antes del final matemático de la competición. El domingo día 10 nuestros chicos se enfrentan en el corazón de Galicia a Chantada con la ilusión de una victoria que les permita confirmar que son equipo de EBA. Además nuestro equipo aún aspira a la 5ª posición lo que salvo sorpresa lo situaría como el primer conjunto gallego de la competición. La racha de los Álex Polo ha sorprendido con 4 victorias consecutivas en los últimos 4 partidos y 7 victorias en los últimos 9 ganando al segundo y al tercero de la competición.

El buen hacer del alero José López con 14,4 de valoración de media con 11,8 y 6,5 rebotes por partido y de Gullit Mukendi con 13,1 puntos y 5 rebotes por jornada (14,1 de valoración) son sin duda dos de las claves de la buena marcha del equipo. A esto hay que sumar la rápida recuperación del líder del equipo el año pasado, el lucense Roberto Abuín, que en las últimas jornadas ha dado un golpe encima de la mesa con valoraciones que superan los 20 puntos casi de forma habitual y que como nos tiene acostumbrados, ya está entre los primeros en porcentajes desde más allá del 6,75. Pero no todo se basa en este trío de ases, pues lo más importante es la reacción de toda la plantilla, incluído el paso adelante del júnior Pablo Ferreiro con 7,4 puntos y 2 asistencias por encuentro.

Un año más y a falta de cuatro jornadas ya casi podemos decir que el año que viene volveremos a ser de EBA.

foto5

Non era tarea sinxela e o noso equipo enfrontábase a un Aquimisa Salamanca coa Fase de Ascenso xa asegurada e cun dos mellores equipos da Liga EBA. A derrota de Betanzos valía para asegurar a plaza un ano máis na liga pero os nosos non quixeron agardar e acadaron a permanencia por méritos propios. Logo dun primeiro cuarto dominado polos estudantís cunha gran defensa que deixaba aos rivais en tan só 10 puntos as tornas cambiaron antes do descanso para marchar cun igualado 30-29 logo de deixar escapar algunha oportunidade de abrir diferenzas. Sen embargo a saída dos vestiarios favoreceu aos nosos que saíron en tromba para, a través dunha gran defensa de alternativas, poder conseguir o obxectivo marcado esta tempada por 72-52. Unha vez máis o noso club demostra que está por encima de calquera adversidade e de calquera contratempo. Tras as alegrías que nos deron Sergi Quintela e Roberto Abuín tras fichar en Plata, o equipo non se veu abaixo e tódolos xogadores deron un paso adiante para manter a categoría.

Neste partido os destacados foron Giannis Michaloutsos e Gullit Mukendi con 24 e 23 de valoración respectivamente. Podes consultar as estatísticas oficiais AQUÍ.

milo

O noso ala-pívot do equipo de liga EBA foi o xogador máis valorado da pasada xornada no grupo A-B. Pese a derrota do noso equipo en León por 81-70 ante o líder da competición Agustinos, Milo luciuse en varias facetas do xogo. Con 24 puntos, 9 rebotes e 8 faltas recibidas, o xogador montenegrino firmou unha valoración de 38 puntos que o acredito coma o mellor xogador da última fin de semana.

Podes consultar as estatísticas oficiais AQUÍ.

eba grupo

Estudiantes Lugo Leyma Natura 72-70 Chantada

O domingo no Pazo e nun novo derby fronte a Chantada, demostramos que este é o ano dos partidos axustados, e nos levamos unha vitoria vital para o obxectivo da permanencia por un 72 a 70.
O partido empezaba cos nosos abrindo brecha e adquirindo unha vantaxe que non perderían en toda a primeira metade. Un bo equilibrio entre xogo interior e exterior dábanos a iniciativa no xogo e pechaba os primeiros dez minutos cun 20-15 favorable. O segundo cuarto, os visitantes, formúlano con quintetos pequenos que nos incomodan e recorremos á zona para adaptarnos e seguir cun xogo compensado ofensivamente, o que de novo nos dá o parcial (19-16) e a vantaxe de +8 ao descanso.
A reanudación é francamente mala para os nosos intereses. Ata o minuto 25 de partido eles recortan diferenzas, encóntranse cómodos en ataque e Gullit comete a súa 4ª falta seguida de técnica que o saca do encontro. Aquí chega unha gran reacción grupal. Damos coa tecla para volver circular o balón e defender axustando mellor, o que nos leva de estar 3 abaixo a rematar o período 2 Arriba.
O último cuarto é un toma e daca, ata que a falta de 3 minutos, encadeamos un par de accións que nos dan o mando por un +6, que entrando nos dous últimos minutos parece definitivo. Pero os visitantes tiran de veteranía e calidade para meterse de novo e levarnos a un final de tempos mortos e tiros libres, do que saímos vencedores.

Estatísticas.

marcos eba

Partido épico e de infarto o disputado en Santiago, entre dous clásicos da canteira galega, Rosalía e Estudantes. Coa permanencia de trasfondo, disputábase un encontro de alta tensión entre dous equipos que se coñecen á perfección e que a pesar diso lograron impoñer os seus ataques durante case todo o encontro. O primeiro cuarto foi un toma e daca, o perímetro local e o noso xogo interior levaron un 19-16 ao final deses 10'. No 2º cuarto Rosalía empezou a impoñer a súa circulación de balón e non fomos capaces de contrarrestala, o que sumado a unha gran porcentaxe de tiro exterior, lles deu o mando no electrónico ata un +11 que logramos recortar con dúas canastras preto do descanso e meternos de novo en partido.
A reanudación é totalmente para eles, fluídos e sumamente acertados dende o 6'75 castígannos unha e outra vez ata superar a barreira dos 12 puntos mediado este período. Aí chega a nosa reacción tras tempo morto e cambio defensivo para achegarnos a 2. Pero de novo o inicio do último cuarto, con dúas triplas consecutivas, catapulta aos santiagueses a un +10 que roldan ata os últimos 3 minutos de partido. Nese momento estando trece abaixo, iniciamos unha remontada espectacular que nos dá a prórroga. No tempo extra, mostramos tempero en ataque e capacidade defensiva sobre os seus referentes, o que nos aúpa á vitoria definitiva por un 82-86, que deixa a permanencia ao noso alcance se somos capaces de cumprir nas próximas citas. A máis inmediata, Chantada o próximo domingo no Pazo.

O xogador máis destacado do partido foi o noso base Marcos Ruíz cunha actuación estratosférica para valorar 37 con 33 puntos e 8 rebotes facendo 8 de 9 en tiros de 2 e 5 de 10 en triplas. A súa actuación valeulle para ser o MVP da xornada 22 no grupo AB da EBA. Tamén destacou o pívot Gullit Mukendi con 20 puntos, 6 rebotes, 4 asistencias e 7 faltas recibidas para irse ós 25 puntos de valoración.

Estatísticas.

marcos bca

La Sidrería Ferrol CB 61-73 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Partido a vida ou morte na Malata contra C. B. Ferrol este sábado 13 e os nosos deron o talle sobresalientemente para alzarse coa vitoria por 61 a 73.
O partido comezaba cunha anotación máis fluída do esperado dada a tensión do choque e totalmente condicionada pola presenza en pista do pivot local Samuel Deguara (2,25 m). Ningunha defensa cara a sentir incómodo ao rival ata a recta final do primeiro cuarto onde os locais se van 6 arriba grazas ás nosas perdidas de balón. O inicio do segundo período continuaba pola mesma liña e viámonos cun -8 no electrónico que nos obrigaba a parar o partido e axustar a defensa en bloqueo directo. Dende ese momento o rumbo do encontro cambia. A agresividade defensiva dános o mando no marcador antes do descanso 34-33.
A reanudación non cambia nada. Os nosos fan unha espectacular defensa e un xogo fluído en contraataque, o que nos leva a asinar un cuarto incrible e chegar á recta final 12 arriba. Os últimos dez minutos seguen sendo nosos, dominamos nos dous lados da pista e a súa defensa zonal non pode fronte ao noso tiro exterior. A máxima chega a +16, que sabemos xestionar para finalizar co 61-73 definitivo.
Demos un paso grande cara á permanencia e sobre todo crecido como equipo. Esperamos poder manter a dinámica o domingo próximo na casa fronte a Zamora.

Consulta as estatísticas AQUÍ. 

gullit

ULE Fundación Baloncesto León 77-52 Estudiantes Lugo Leyma Natura

O sábado en León fronte ao equipo mais en forma da liga, o noso equipo EBA non puido en ningún momento optar á vitoria. Dende o inicio os locais mostraron o porque das súas 9 vitorias consecutivas e anotaron con facilidade dende calquera zona do campo. Os nosos liberaban tiros abertos que non entraban e loitaban en defensa para que o partido non rompese. Ao descanso, 18 abaixo, marcabámonos como obxectivo lograr un parcial que nos metese en partido, foron os nosos mellores cinco minutos en defensa pero os tiros seguían sen entrar. Este terceiro parcial foi moi igualado (-2), pero iso non era suficiente e nos últimos dez minutos xa non tivemos capacidade de reacción.
O próximo domingo na casa e fronte a un rival duro como é Narón, volveremos á carga para lograr unha vitoria que sería valiosa de cara á permanencia.

As estatísticas oficiais poden consultarse AQUÍ.

gullit poste

Estudiantes Lugo Leyma Natura 55-66 Venta de Baños

Seguramente o peor partido do ano no momento mais importante ata a data. Así poderiamos resumir de forma moi breve o sucedido onte pola tarde no Pazo. Unha primeira metade onde nunca conseguimos o ritmo de xogo que pretendiamos e o base rival facíase co tempo do encontro. Se a isto sumamos unha baixa porcentaxe no tiro fronte a unha defensa moi pechada, dá como resultado ir por detrás no electrónico ao descanso e ademais con non moi boas sensacións. A reanudación confirman esas sensacións e de novo aparece a falta de dureza e contundencia en pintura o que dá aos visitantes canastras doadas e unha vantaxe que xa sería definitiva. A partir do minuto 25 encontramos a fórmula para ir ao ritmo que nos interesa e empezamos a liberar tiros e compensar o xogo ofensivo, pero as porcentaxes non chegan. Os últimos 10 minutos veñen os nosos mellores momentos defensivos e a falta de 2 minutos poñémonos a cinco puntos. Pero de novo sae cruz nun final de partido igualado debido aos nosos erros de concentración que permite tirar só ao mellor xogador rival. Esperamos superar este difícil momento traballando duro como equipo e sabendo mellorar a través do traballo diario.

As estatísticas poden cosultarse AQUÍ. 

Página 2 de 4
Volver