Junior Autonómico (64)

gianis j 

Estudiantes Lugo Leyma Natura 100-43 Novobasket Vigo

Dende o principio a nosa defensa levou a iniciativa e isto permitiunos roubar e correr para abrir unha brecha xa insalvable para Vigo. Os visitantes quixeron frear o noso ritmo anotador pasando a zona, pero a nosa gran circulación de balón fíxonos seguir dominando. As defensas baixaron a súa agresividade tralo descanso e isto fixo que se anotase con máis fluidez. Axustaron atrás os nosos e remataron de romper un partido sentenciando. O equipo seguiu traballando para mellorar. Á marxe do resultado o equipo seguiu xogando con sacrificio en defensa e xenerosidade en ataque.

Parciais: 26-5, 21-11, 30-13, 23-14.

Xogaron: Andrés (2), Alfredo, Couselo (12), Didac, Gianis (14), Córdoba (11), Dani, Dusan, Ferreiro (14), Iker (19), Joel (17) e Samu (11). 

gianis

Estudiantes Lugo Leyma Natura 74-58 Instituto Rosalía

Costoulles entrar ós nosos no partido que comezaron moi fríos e sen dominar o rebote en ningunha das dúas zonas. Certos axustes tanto na defensa como no ataque foron precisos por parte de Álex Polo para cambiar a tendencia do encontro e recoller as primeiras diferenzas. Volveron as dúbidas no segundo cuarto onde os nosos non acababan de dominar. A unha defensa moi pouco constante habería que sumar un ataque basado nas rachas sendo o peor momento do encontro para ambos equipos. Logo do parón Estudiantes comezou a alternar defensas para que Rosalía non xogara cómodo o que nos permitiu aumentar a diferenza. Sen embargo novos erros dos nosos volveron a meter ós compostelanos no partido quedando todo por decidir no último cuarto. Cunha mellora na porcentaxe de tiro exterior e grazas a unha maior profundidade do banco, os nosos chegaron máis frescos á recta final levando a victoria por 16 puntos. Esta victoria é moi importante xa que agora os nosos abren unha diferenza de 3 victorias cun rival directo como é Rosalía, campión da xeración na categoría cadete.

Xogaron: Andrés, Ares, Couselo, Didac, Gianis, Samu, Pablo, Córdoba, Dani, Dusan, Iker, Joel.

samu web 

Porriño 61-70 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Os primeiros dez minutos poderían tomarse como o resumo do partido. Bon xogo por parte dos nosos tanto en ataque como en defensa ó tempo que Porriño convertía moitos tiros forzados. Durante a primeira parte unha mala xestión das superioridades e a baixa porcentaxe nos tiros libres dos nosos facía que Porriño se mantivera en partido. Logo do descanso Estudiantes continuaría dominando a pintura mentres que Porriño cunha porcentaxe do 60% en triplas seguía manténdose con vida ata que no último cuarto o equipo reaccionaba a un arreón pontevedrés cun parcial de 8-0 que sentenciaba o choque.

Parciais: 21-21, 15-19, 18-20, 11-14. 

Xogaron: Andrés, Ares (1), Couselo (4), Didac (2), Gianis, Córdoba (4), Dani, Dusan (26), Ferreiro (6), Iker (19), Joel (2), Samu (6). 

 

foto 3

Logo de facer efectivos tódolos trámites legais oportunos Dusan Juzbasic xa é xogador do Estudiantes Lugo a tódolos efectos. Deste xeito complácenos anunciar o seu doble debut esta xornada cos equipos júnior e EBA.

O júnior de 1º ano de 2,06 metros que leva xa máis de mes e medio exercitándose connosco debutará mañá na Liga Galega Júnior ás 12:30 no Pazo ante Artai.

Pola súa banda, o domingo disputará ás 17:00 o partido que enfrontará ó noso EBA co Rosalía de Compostela que poderán presenciar, entrada de balde, no Pazo Provincial dos Deportes ou ben en directo pola nosa web dende as 16:50 horas.

cou

Santo Domingo Betanzos 59-78 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Saíron os nosos fríos atrás e moi erráticos diante. Un inicio de encontro quemarcaría a tónica para o resto do encontro e que nos faría perder o primeiro parcial. A defensa fallaba no balance defensivo e o ataqu frustrábase ante unhas porcentaxes paupérrimas en tiros realmente cómodos, o que nos levaba cunha desvantaxe de 6 puntos ó descanso. No reinicio repetimos os erros defensivos da primeira parte e tras unha breve reacción para poñernos a 2 puntos, Betanzos marcharía por 10. Desde ese momento comezamos a corrixir os erros e anotamos algo máis fluído en contraataque. Apretando cada vez máis o marcador, o equipo poñeríase 10 arriba a falta de 5 minutos, momento no que os betanceiros entregaron o encontro.

 

cou

Estudiantes Lugo Leyma Natura 53-49 Sigaltec Vilagarcía

Comezaron os nosos fríos atrás e moi erráticos diante. Un inicio de encontró que marcaría a tónica para o resto do partido e que nos faría perder inesperadamente o primeiro parcial. Os erros no balance defensivo permiten canastras do equipo rival mentres que en ataque as porcentaxes de tiro eran tan pobres que os marchaban con 6 puntos de desvantaxe ó descanso.  Logo do parón os erros na defensa continúan a lastrar ó Estudiantes e os nosos tocarían fondo cunha desvantaxe de 10 puntos. A partir de ahí os nosos reaccionaron atrás e puideron gozar de contraataques cómodos para baixar a diferenza. No último cuarto reinou a igualdade. A falta de 1 minuto os nosos puxéronse por arriba no marcador e xa non o deixaron escapar. 

Parciais: 11-14, 12-15, 15-13, 15-7.

Xogaron: Alfredo, Ares, Couselo (4), Didac (1), Gianis (18), Córdoba, Dani, Andrés, Ferreiro (8), Iker (2), Joel (8), Samu (12).

cou

Estudiantes de Pontevedra 63-89 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Os locais comezaron moi acertados no tiro exterior e os nosos errando moitos tiros libres que facían que o encontro comezara cunha gran igualdade. No segundo cuarto a nosa defensa deu o paso adiante necesario dificultando os ataques locais. Sen embargo a porcentaxe desde o 4,60 non permitiu ós nosos romper o encontro neste parcial. Tralo descanso Estudiantes saiu moi serio atrás e pouco a pouco foi abrindo brecha no electrónico. Neste cuarto a terceira falta do seu mellor home, Juan Castro, fixo que puideramos rachar o encontro definitivamente. Durante o último cuarto, ó mal día nos tiros libres, uníronse as perdas de balón en superioridade e iso impediu que a diferenza fose maior.


Parciais: 21-23, 18-23, 8-21, 16-22.


Xogaron: Alfredo, Ares, Couselo (18), Didac (4), Gianis (16), Córdoba (12), Dani, Andrés, Ferreiro (12), Iker (13), Joel (11), Samu (3).

cou     

Estudiantes Lugo Leyma Natura 93-64 Sant Yago          

A posta en escea do equipo non foi boa. O noso equipo saiu moi blando atrás e sen facer unha boa circulación de balón en ataque. Mediado o segundo cuarto o equipo tocou fondo. Tras varios axustes e un cambio de actitude o equipo consegue reatoparse coa súa mellor versión e consigue romper o encontro. Sen embargo, no terceiro cuarto volveron as pantasmas e o nivel de xogo dos nosos volveu baixar. Sen embargo, a diferenza entre ambos equipos seguía permitindo que os nosos dominaran no marcador. No último cuarto a diferenza física de ámbolos dous equipos provoca que o rival caia por fatiga. A xente do banco deunos frescura e a vantaxe non fixo máis que medrar.

Parciais: 21-17, 26-15, 28-22, 18-10.

Xogaron: Alfredo, Ares, Couselo (8), Didac (4), Gianis (10), Córdoba (13), Dani (5), Andrés (2), Ferreiro (19), Iker (11), Joel (9). 

 

cou

Estudiantes Lugo Leyma Natura 109-37 CB Ferrol

Gran inicio dos nosos en defensa que xestionaba dun xeito moi pulcro as superioridades que esta defensa lles proporcionaba en ataque. O partido quedaría roto neste parcial para logo entrar en xogo en mantermos o nivel. O traballo defensivo segue marcando a pauta non permitindo ó rival entrar en partido en ningún momento. Durante o terceiro cuarto o equipo cambiou a mentalidade para tentar traballar novos conceptos relacionados coas defensas alternativas. Durante o último cuarto, a agresividade defensiva comezou a transformarse en cansancio permitindo ó equipo ferrolano anotar a través dos tiros libres. Na próxima xornada o equipo terá unha proba moito máis dura ante un Básquet Coruña que na súa casa, non se deixará intimidar como no partido de Copa Galicia.

Parciais: 30-8, 27-4, 28-10, 24-15.

Xogaron: Alfredo, Ares (6), Couselo (6), Didac (10), Gianis (13), Córdoba (18), Dani (3), Andrés (2), Ferreiro (18), Iker, Joel (15), Samu (19).

cou

Novobasket Vigo 45 - 83 Estudiantes Lugo Leyma Natura

O inicio do encontro foi correcto e cun rival facendo canastras de mérito. Sen embargo os nosos impoñían unha férrea defensa a toda pista que les permitía  comezar dominando. Durante o segundo cuarto o noso equipo desconectou do encontro e perdeu moita agresividade tanto diante como atrás permitindo ós locais manterse no partido (24-34). Na reanudación, tempo para recuperar a intensidade defensiva que volvía permitir facer canastras sinxelas que rompían o partido definitivamente. A liña mantívose o resto do partido, e cun equipo vigués moi cansado, os nosos non fixeron máis que aumentar as vantaxes nun partido con moitos altibaixos propios do momento de tempada no que nos atopamos. Facéndose fortes en defensa os nosos deixaron a un rival máis complicado do que amosa o marcador, en só 3 puntos no cuarto definitivo.

O próximo sábado os nosos buscarán manter o liderato na casa ante CB Ferrol.

Parciais: 11-20, 13-14, 16-30, 3-21.

Xogaron: Alfredo, Ares (5), Couselo (7), Didac (7), Gianis (13), Córdoba (3), Dani (6), Ferreiro (14), Iker (9), Joel (4), Barros (15).

 

Página 4 de 5
Volver