Junior Autonómico (64)

foto6

Un ano máis o equipo Júnior despide a tempada entre os 16 mellores de todo o estado tras quedar eliminados na 4ª xornada do Campionato de España Júnior en Torrejón. Tras perder na prórroga ante Gran Canaria en octavos de final os nosos chegaron o mércores de novo a Lugo. Deste xeito os nosos seguirán adestrando para competir uns co EBA na última xornada, outros cos equipos do Estudiantes Lugo que se verán inmersos no circuito sub-22 da FGB que está a punto de ver a luz un ano máis.

Podedes consultar as estatísticas contra o Gran Canaria AQUÍ.

coucampionato

Os nosos júniors buscarán hoxe ás 20:00 a primeira plaza do grupo D ante HM Torrelodones que onte venceu con autoridade a La Salle de Palma por 107-47. Os nosos venceron onte a Basket Global Quintanar de Cuenca por 46 e 87 e selaron así o seu pase a oitavos de final. Un ano máis e por cuarto ano consecutivo o equipo júnior estará entre os 16 mellores de toda España. Será a quinta aparición do noso club na fase final do Campionato de España nos últimos 6 anos.
Ademais da vitoria onte tamén foi un día emotivo polo 17º aniversario do base Álvaro Couselo. Os nosos mercaron unha tarta e cantaron os seus mellores desexos para o xogador que xa cumple 10 anos na disciplina do club. Parabéns para el e que hoxe o siga celebrando cunha victoria.


As estatísticas do partido do luns pódense consultar AQUÍ.

gianiskiaenzona

 

O noso júnior Ioannis Michaloutsos está chamado a ser unha das estrelas do Campionato de España Júnior que se está a disputar en Torrejón de Ardoz. O internacional grego xa destacou na primeira victoria do noso equipo ante La Salle no que anotou 14 puntos e capturou 7 rebotes. Giannis tamén está a ter unha actuación destacada na Liga EBA con 8,5 puntos e 4,3 rebotes por partido. A prestixiosa web de baloncesto Kia en Zona non quixo deixar pasar o bo momento de forma do noso escolta e aproveitou para charlar con el e adicarlle unha bonita reportaxe que podedes consultar premendo AQUÍ.

foto

Debutaron os júnior e chegou tamén a primeira victoria do equipo dirixido por Álex Polo. Os nosos tiveron que sobrepoñerse a un mal inicio que deixaba o primeiro parcial en 21-13. Con 2 xogadores cadetes e 7 xogadores de primeiro ano os "veteranos" Gianis, Córdoba e Iker botáronse o equipo ás costas para iniciar a remontada. O resto do partido xa foi outro cantar. Os nosos comandaron no electrónico o resto do encontro para facerse cunha victoria moi importante por 63 a 69 ante os nosos amigos de La Salle de Palma de Mallorca. Pablo Córdoba con 19 puntos, 8 rebotes, 4 recuperacións e 5 faltas recibidas foi o MVP do partido que ademáis lle vale para ser o 4º xogador máis valorado da 1ª xornada e o mellor xogador nacional do domingo.

As estatísticas do encontro poden consultarse AQUÍ.

A continuación destacamos o resumo da FEB da xornada do Grupo D no que nos enmarcamos. A Federación Española destaca ao noso club como un referente no baloncesto de formación.

febestu

campjuncartel

O equipo júnior do Estudiantes Galego representará a Galicia no Campionato de España da categoría como campión invicto da 1ª División FGB. Dito evento terá lugar a partir do próximo domingo 3 de maio e ata o sábado 9.  O noso equipo estará acompañado polo Instituto Rosalía de Santiago de Compostela e o CB Sant Yago de A Coruña. Non o terá nada fácil o combinado de Álex Polo que nos grupos se enfrontará a Quintanar (campión de Castela A Mancha), La Salle (Campión de Baleares) e CB Torrelodones (3º de Madrid).

Os horarios son os seguintes:

Instaladora 2001 La Salle A - Estudiantes Lugo Leyma Natura      Domingo 3 Maio 18:00

Basket Globalcaja Quintanar - Estudiantes Lugo Leyma Natura     Luns 4 Maio 18:00

Estudiantes Lugo Leyma Naturar - HM Torrelodones A                  Martes 5 Maio 20:00

No caso de pasar a fase de grupos o noso equipo xogará o primeiro cruce contra o grupo no que se encadran Valencia Basket, Gran Canaria, Sant Yago e Easo.

juniorcampion

Estudiantes Lugo Leyma Natura 92-69 Blanco Amor

Comezou o partido con boa circulación de balón por parte dos dous equipos, pero eles con moito mellor porcentaxe no lanzamento e nós sen actividade defensiva no lado contrario, o que nos fai ir a remolque. No segundo cuarto subimos nivel defensivo pero seguimos chegando tarde nas rotacións. Ata que entramos na recta final do cuarto, na que remontamos un -12 e chegamos ao descanso 1 arriba. Despois do descanso os visitantes colócanse en zona, o que frea un pouco o noso ritmo, pero estamos francamente ben atrás e seguimos abrindo brecha no electrónico. Tal e como queremos xogar todos os partidos, intensos ata o final, mantemos a concentración e tiramos de banco para asinar un cuarto brillante e pechar unha gran tempada de liga regular cun balance de 22-0.

Parciais: 20-25, 26-20, 18-14, 28-10.

Xogaron: Andrés (6), Alfredo, Couselo (22), Didac, Gianis (17), Córdoba (13), Dani, Dusan (15), Ferreiro (2), Iker (6), Joel (9), Samu (2).

pablo

Instituto Rosalía 52-78 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Sen entrar en partido, xogamos os nosos peores minutos en moito tempo. Faltos de tensión tanto en defensa coma nas finalizacións ofensivas. Oito abaixo no electrónico, no inicio do segundo cuarto o equipo aperta e salda o partido en 10 minutos onde borramos o rival da pista. O terceiro foi un cuarto con continuos paróns e onde os locais pasan a defensa zonal. Báixase o ritmo de xogo e pecamos de individualismo e falta de circulación de balón. Durante o decisivo volvemos pasarnos o balón con velocidade e temos accións positivas intercaladas con outras faltas de criterio,pero abondo para levarnos o parcial por un +10.

Parciais: 19-11, 6-29, 18-19, 9-19.

Xogaron: Andrés, Alfredo, Couselo (8), Didac, Gianis (10), Córdoba (11), Dani, Dusan (12), Ferreiro (14), Iker (15), Joel, Samu (8).

samu web

CB Artai 53-95 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Falta de actitud defensiva y concentración en ataque, nos lleva a dar una imagen nefasta y acumular malas sensaciones desde el primer cuarto. Tras los primeros diez minutos pretendemos solucionar los errores, pero de manera muy individual y precipitada; lo que nos lleva al descanso con el partido en un puño. Tras el descanso nuestra predisposición defensiva es otra. Agresivos atrás y rápidos en el contraataque, rompemos el partido con un cuarto fantástico. Seguimos concentrados en busca de nuestros objetivos. Excelentes circulando el balón a lo que además acompaña un gran porcentaje en el tiro de 3.

Parciais: 14-10, 17-17, 32-17, 32-9.

Xogaron: Andrés, Alfredo, Couselo (11), Didac (7), Gianis (6), Córdoba (12), Dani (4), Dusan (12), Ferreiro (8), Iker (17), Joel (10), Samu (8). 

pablo

Estudiantes Lugo Leyma Natura 83-42 Santo Domingo Betanzos

O partido non colle ritmo debido ás numerosas faltas. Duros atrás, fáltanos puntaría para anotar bos tiros liberados. No segundo cuarto mantemos o nivel en defensa e as porcentaxes melloran grazas a tiros en transición. Os rivais cambian defensa zonal e adaptámonos a ela sen maior problema. Tras o descanso saímos co desexo de sentenciar, e lográmolo grazas a unha gran defensa que nos dá puntos en bandexas de contraataque. O partido está roto e vemos o titulo moi preto. Betanzos mantén a súa defensa zonal ata o final, pero o tiro exterior por fin entra con boas porcentaxes e isto permítenos rematar o partido cunhas inmellorables sensacións. Con esta victoria o equipo proclámase campión galego a falta de 4 xornadas batindo todos os récords e certificando o pase ó Campionato de España. 

Parciais: 12-10, 24-10, 24-12, 23-10.

Xogaron: Andrés (9), Alfredo, Couselo (12), Didac (6), Gianis (14), Córdoba (4), Dani, Dusan (7), Ferreiro (6), Iker (15), Joel (10), Samu. 

campions

A falta de 4 xornadas para o remate da Liga Galega o equipo Júnior proclamouse matematicamente campión galego. O grupo que leva todo o que vai de tempada sen coñecer a derrota certifica deste xeito a súa presencia no Campionato de España de Clubs. O resultado foi o de menos no partido ante Betanzos que os nosos dominaron desde o primeiro momento. Con este campionato o Estudiantes Lugo leva tres anos seguidos subindo ó máis alto do pódio na categoría júnior batindo un novo récord ó ser o equipo que máis cedo consigue o alirón. Agora os nosos buscarán un novo récord neste formato de competición: ser o primeiro equipo galego que se proclama campión sen coñecer a derrota en toda a tempada (Copa Galicia e Liga Galega).

Noraboa a todos por este novo éxito!

Página 3 de 5
Volver