Estos son os horarios dos partidos que disputarán os diferentes equipos do club esta fin de semana. Moita sorte a todos e a todas!!

Aínda que o outono comezou fai pouco menos de dous meses, fíxoo dunha maneira tan suave que case nin conta nos demos. Nas últimas semanas, sen embargo, o tempo cambiou de maneira radical e o frío e as néboas matinais empezan a ser a tónica habitual de todos os días. É por iso que xa nos imos preparando pouco a pouco para o inverno. Os abrigos xa se ven polas rúas e tamén os primeiros gorros de lá e as luvas quentiñas para facer fronte ao frío. Todo isto é sinónimo de que o Nadal achégase e desde o club xa comezamos a repartir a lotería deste ano. O número 24.612 encherá de ilusión a todo Estudiantes Lugo, que confía un ano máis en que a sorte se poña do seu lado.

Este fin de semana arrancan as matinais de domingo! Durante os meses de novembro a maio (ambos incluidos) celebraranse actividades para os nenos e nenas de entre dous e oito anos, dous domingos ao mes en horario de 11:30 a 13:30. Estas xornadas comezan o domingo 13 de novembro con talleres de outono (manualidades cos elementos característicos desta época do ano). Ademais, os participantes gozarán dos xogos, do baloncesto... e moitas sorpresas máis! A temática dos talleres de cada un dos meses publicarase no Facebook de As Matinais do Estu, do Club Estudiantes Lugo e nesta páxina web.

O prezo é de 6 euros por día, 4 euros para os membros do Club Estudiantes Lugo e descontos especiais para irmáns. Para facer a inscrición e solicitar máis información, chama a 616 49 78 22/654 09 03 41

Esperámoste!!

Chega unha fin de semana cargada de partidos tralo parón pola ponte do 1 de novembro. Moita sorte a todos!!

 

 

Los partidos de las categorías Premini y Mini arrancan los próximos fines de semana (excepto los de Liga Gallega, que ya han empezado). Es por ello que el club necesita tener toda la documentación de aquellos niños y niñas que van a competir en las diferentes ligas (ficha de inscripción y licencia de competición) para poder dar de alta a los equipos en la Federación Galega de Baloncesto. Ante cualquier duda, ponte en contacto con el club.

Asimismo, recordamos que todos aquellos que tengan la ropa de juego que se les entregó a los niños la pasada temporada, mientras que no llegaban las nuevas equipaciones, deberán entregarla a los entrenadores correspondientes.

Muchas gracias a todos.

Aínda estás a tempo de inscribirte no III Curso de Iniciación online para árbitros e oficiais de mesa! A continuación, compartimos a información que ofrece a Federación Galega de Baloncesto (fegaba) na súa páxina web www.fegaba.com.

A “Plataforma Formativa ON LINE FGB” volverá a ser protagonista dun novo curso referente para aspirantes a árbitros e oficiais de mesa. A través desta ferramenta, novidade esta temporada 2016 – 2017; os aspirantes a formar parte do Comité Galego de Árbitros poderán familiarizarse, teórica e practicamente; co propio xogo do baloncesto, as diversas maneiras de presentar unha estratexia de partido e as regras de xogo coas súas aplicacións e responsabilidades en cada caso: como árbitro e como oficial de mesa.

A dinámica do curso materializarase de xeito online, con sesións participativas e presenciais. Nas mesmas, empregaranse todos os recursos didácticos, audiovisuais, de avaliación e de feedback alumno - profesor que a nova plataforma didáctica FGB representa. A programación do mesmo pode consultarse no documento que achegamos.

Inscrición
A inscrición neste III Curso de iniciación 2016 - 2017 permanece aberta ata o vindeiro catro de novembro, data antes da cal os interesados deben cumprir os seguintes trámites:

1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (La Caixa).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición na plataforma online FGB e posterior inscrición no “Curso de Iniciación - Árbitros e Oficiais de Mesa - Novembro '16 (1)”

Os nenos das Escolas Provincias e Predeporte tiveron onte o pracer de coñecer de primeira man ao novo xogador do Cafés Candelas Breogán, Matt Stainbrook. Coa axuda do adestrador do noso club, Fernán Varela, puideron comunicarse co xogador, practicaron o inglés e lanzáronse a preguntar as súas inquietudes. Desde Estudiantes Lugo Leyma Natura agradecemos enormemente esta visita, ata pronto!!

Video da visita na Escola de Predeporte:

O pasado mércores puidemos ver a cara máis terrorífica dos nenos e nenas de predeporte e prebasket. O Samaín chegou ao Pazo e os xogos e as sorpresas reinaron nunha xornada moi divertida para todos! Ata o presidente do Club, Jesús Lázare foi vítima dos sustos dos peques! 

Moitas gracias a todos por facer posible actividades deste tipo, xa estamos pensando na seguinte!!

Para descargar todas as fotos do mércores, pincha aquí.

Aínda non sabes que facer a mañá do luns 31? Se non queres aburrirte na casa e che apetece facer algo diferente, non o dubides e anímate a pasala con nós. Estudiantes Lugo organiza o luns 31 de outubro As Matinais de Samaín, unha xornada festiva e lúdica para conmemorar esta festa popular aproveitando o día non lectivo nos centros escolares. A actividade está destinada a todos os nenos e nenas de 3 a 8 anos. O horario da mesma é desde as 9:00 ata as 14:00 horas, cun horario especial de plan madruga desde as 8:00 e plan saída ata as 15:00 para todos aqueles que o desexen. Entre outras moitas actividades, faremos manualidades de Samaín e xogos de truco o trato. O prezo é de 12 euros. Para aqueles que pertencen ao Club Estudiantes Lugo ou a Bandua é de 10 euros, con descontos especiais para irmáns en calquera dos casos. 

Importante, non esquezas vir disfrazado do teu monstruo favorito!! Esperámoste!

Reserva xa a túa praza nos teléfonos 616.497.822 e 654.090.341.

Se estás pensando en ampliar a túa formación de adestrador de baloncesto, xa podes inscribirte no Curso Nivel II da Federación Galega de Baloncesto (fegaba). A fase presencial se celebrará os días 26, 27, 28 e 29 de decembro no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela e a fase non presencial será do 21 de novembro ao 21 de decembro. O prezo do curso é de 400 euros que haberá que abonar por transferencia bancaria á federación. Tes ata o 15 de novembro para formalizar a inscrición. Anímate!

Para máis información consulta a web da fegaba.

Página 4 de 17
Volver