16 12 min 1

Los periódicos locales, a través de los suplementos deportivos Líder y A Canteira, repasan, como cada miércoles, la última jornada disputada. Estas son las noticias más destacadas del Club del pasado fin de semana.

xornada1213decembro

 

O calendario de partidos dos nosos equipos no fin de semana do 12 e 13 de decembro.

 

buses1213decembro

campus1x1

Unha nova edición do Campus de 1x1 está en marcha. Para todos aqueles xogadores interesados o noso club organiza unhas sesións nas que a mellora individual e a lectura de xogo derivada do 1x1 serán o tema conductor. Por 50€ e de 9:00 a 14:00, con descanso con bocata a media mañá, os xogadores e xogadoras interesados gozarán do baloncesto cos mellores profesionais. A folla de Inscripción e a información podedes atopala premendo AQUÍ. 

ruben lopez

Este programa é unha ferramenta para todos aqueles pais e nais interesados en coñecer en profundidade algúns dos aspectos mentais máis importantes para o desenvolvemento óptimo dos seus fillos, tanto no deporte como na propia vida. A actividade depende da área psicolóxica do EsTuVida que dirixe o psicólogo e coach deportivo Rubén López, que traballa para o centro de Piscoloxía Dolores Valero e para a UPCD de Galicia. 
Durante esta charla-coloquio trataranse temas como o desenvolvemento psicolóxico do neno na etapa de prepubertade e pubertade, o papel clave dos pais no desenrolo deportivo dos fillos, a presencia das emocións no baloncesto de formación e a importancia da súa xestión adecuada para lograr alcanzar as metas desexadas. Tamén se tratará a autoestima e como potenciala nos menores e a comunicación efectiva cos fillos para que a aportación paterna e a súa labor de acompañamento sexa o máis efectiva posible.
Para todos aqueles interesados a actividade será o vindeiro mércores 16 na sala de prensa do Pazo e os horarios no que se desenvolverán son os seguintes, a un módico prezo de 5€ por pai:
17:30-18:45: Escolas Provinciais
18:45-20:00: Infantiles

ES TU VIDA

Esther

Esther Castedo segue a destacar e vén de recibir unha nova alegría en forma de convocatoria para a Preselección España u16 que disputará o Europeo da categoría no verán do 2016. Esther entra nunha lista de 20 xogadores que traballarán ás ordes de Isaac Fernández do 6 ao 8 de Decembro disputando 3 encontros entre dous combinados formados polas 20 xogadoras convocadas. A base do noso club que xa disputou o Torneo da Amizade coa selección u-15 o pasado verán, sumará outra gran experiencia que influirá de xeito positivo no seu desenvolvemento como xogadora. Hai que destacar que Esther é a única xogadora galega da súa xeración que acudirá a esta convocatoria. Sen dúbida unha gran nova para Esther, para o Club Estudiantes Lugo e para o baloncesto galego. 

A convocatoria oficial pode consultarse AQUÍ. 

02 12 min

Como cada miércoles, la prensa local hace un repaso de los partidos disputados el pasado fin de semana. El suplemento Líder de La Voz de Galicia destaca en portada al equipo Cadete masculino Estudiantes Lugo Leyma Natura de Liga Gallega, dirigido por Ángel Riobóo, que derrotó a Básquet Coruña en "un encontro moi completo".

 Escudo

 

Desde a Xunta Directiva do Club Estudiantes Lugo queremos transmitir unha mensaxe de agradecemento a tódolos estamentos do Club, xogadores e xogadoras, pais e nais, adestradores e empregados pola paciencia e comprensión que están a ter pola tardanza na entrega da nova roupa que estreamos este ano.

Sabemos que a o resultado da xestión non foi o desexado por todos e por iso queremos pedir disculpas. Sen embargo, non foi sinxelo poder buscar unha conciliación entre o ambicioso de querer personalizar as equipacións, o complicado das negociacións cos diferentes patrocinadores e a problemática do cambio de tallas para adaptar as equipacións á sección feminina. A isto hai que engadir o aumento de xogadores e equipos neste inicio de tempada e o goteo continuo de novas entradas aínda na época na que nos atopamos.

Ao mesmo tempo queremos reseñar que o feito de que o pago se fixera por adiantado responde a unha esixencia do proveedor do material e que o noso club non obtén rédito económico algún dos cartos entregados.

A pesar de todo, complácenos anunciar que a empresa distribuidora, Élide, nos informa de que a partir do vindeiro 10 de decembro comezará o proceso de entrega da nova roupa.
Atentamente,
A Xunta Directiva.

25 11 min 2

 

Los periódicos locales recogen, en los suplementos Líder y A Canteira, lo más destacado de la pasada jornada. Estas son algunas de las noticias de los partidos disputados por equipos del Club.

Página 10 de 17
Volver