1 marzo min

Unha semana máis, a prensa local publica a última xornada disputada. Estas son as noticias máis destacadas do Club, entre as que está a celebración do primeiro Pequebasket da tempada, que tivo lugar o pasado domingo en Camponaraya.

ub 3x3 

El pasado mes de febrero, Ubrooklyn 3x3 visitó Lugo. Esta iniciativa, desarrollada por Toni Moreno, pretende llevar el baloncesto y la cultura callejera a todos los rincones del mundo. Los jugadores de nuestro Club disfrutaron de unas jornadas diferentes y divertidas en las que practicaron diversos recursos baloncestísticos con Toni, quien les contagió su pasión por este deporte. Además de los 3x3, se sortearon balones entre los ganadores de los KO y se disputó un partido all star donde algunos jugadores de las Escuelas Provinciales se enfrentaron a los entrenadores de las mismas, sacando a la luz todo su talento.

La actividad está dentro del proyecto total spain, que pretende conectar todas las capitales de España en un tour de seis meses, donde se desarrollan actividades deportivas, culturales y educativas.

23 2 min

Unha semana máis os diarios locais, a través dos suplementos Líder e A Canteira, recollen a última xornada disputada. Estas son as noticias máis destacadas do Club Estudiantes Lugo Leyma Natura.

IMG 0530

Presentouse na Deputación de Lugo o Campionato de España Infantil Masculino que se disputará na cidade do 12 ao 18 de xuño. Así, 500 deportistas de 32 equipos diferentes trasladaranse á nosa provincia, e con eles as mellores canteiras de toda a xeografía española. En total, se estima que serán cerca de 2.000 as persoas que atraerá o campionato, entre federativos e árbitros. Lugo encherase esa semana, previa á festa de Arde Lucus, dun baloncesto de alto nivel das categorías inferiores.

O Club Estudiantes Lugo Leyma Natura, organizador do evento, aposta desta forma por estender o deporte a toda a provincia e promocionar a nosa cultura, promovendo o turismo e a gastronomía lucenses. O campionato contará ademais cunha sede en Sarria, o que permite que se involucre a toda a provincia neste evento tan atractivo, tanto deportiva como economicamente.

No acto de presentación participaron o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Veiga, o concelleiro de deportes en Lugo, Miguel Fernández, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o presidente do Club Baloncesto Sarria, Francisco García Conde, a alcaldesa de Sarria, Pilar López, o concelleiro de deportes en Sarria, Efrén Castro e o presidente do Club Estudiantes Lugo Leyma Natura, Jesús Lázare, quen explicou que a celebración deste campionato é unha forma de devolver á cidade de Lugo unha parte de todo o apoio que lle aporta ao Club ano tras ano.

Por outra banda, o presidente señalou que o impacto económico que se estima deste evento é de aproximadamente dous millóns de euros. Todos os asistentes agradeceron ao Club Estudiantes Lugo a organización deste campionato. O presidente da Federación Galega de Baloncesto agradeceu ao Club por afrontar retos e apostar unha vez máis pola formación do deporte base. Na mesma liña, o presidente do CB Sarria mostrou o seu agradecemento ao Estudiantes por brindarlles a oportunidade de participar neste evento que sen dúbida poñerá en valor a toda a provincia de Lugo.

carnaval min

Xa chegou o Entroido e con el os disfraces, o confeti, as caras pintadas, as cores e a festa. E como mostra diso, onte vivimos nas Escolas Provinciais unha xornada do más entroidesca. Nenos e adrestradores gozaron dunha tarde diferente e especial na que non faltaron os sorrisos, as bromas e os xogos. O Entroido continúa así que a gozar da ponte coa familia e os amigos!

VISITA COPA DEL REY

O pasado martes os xogadores das Escolas Provinciais e de categoría infantil puideron visitar a Copa do Rei de baloncesto que se atopaba exposta no Concello de Lugo. Dentro da xira CaixaBank os nosos nenos puideron sentirse campións dunha Copa que este ano se celebrará na cidade da Coruña. 

As fotos pódense ver e descargar AQUÍ. 

ES TU VIDA

A Directiva do Club Estudiantes Lugo quere informar de que a partir do vindeiro 4 de febreiro a casa de serigrafía Serigar poñerá a disposición de Élide entre 40 e 50 equipacións de forma diaria, para que o Estudiantes Lugo as reparta entre os seus xogadores. Unha vez máis aproveitamos para agradecer a vosa confianza e a vosa paciencia a este respecto. 

20 1 min

Unha semana máis a prensa local repasa a xornada. Estas son as noticias máis destacadas do Club da pasada fin de semana.

13 1 min 1

Tras o parón de Nadal, os rapaces e rapazas do Estudiantes Lugo Leyma Natura volven estar presentes como cada mércores na prensa local. Estas son as noticias máis destacadas da pasada xornada nos suplementos Líder e A Canteira.

Página 9 de 17
Volver