O sábado 20 de maio Estudiantes Lugo será o anfitrión da Fase Final Infantil Masculina, na que o conxunto que dirixe Javi Peinó loitará por unha das dúas prazas en xogo para o Campionato de España que se celebrará en Cambados e Vilanova de Arousa do 11 ao 17 de xuño. 

A primeira semifinal disputarase ás 10.30 horas e enfrontará a Estudiantes Lugo e a Peleteiro. A segunda semifinal terá lugar ao remate desta, ás 12.30, e a disputarán Instituto Rosalía e Novobasket Amarillo. Os vencedores de ambos os dous partidos xogarán a final ás 18.30 horas. 

Todos os encontros terán lugar no Anexo 1. Moita sorte rapaces!!

Valora este artículo
(1 Voto)

Más en esta categoría:

Volver