Campamento Móvete con Nós 2017

Como cada ano, ao entrar na recta final do curso escolar e da tempada, estamos máis preto de que arranque o Campamento de verán Móvete Con Nós. Falta pouco máis dun mes para volver a encontrarnos cos nosos amigos e amigas que cada verán confían no club Estudiantes Lugo para pasar unhas vacacións do máis divertidas. Desde o 26 de xuño ata o 8 de setembro, os nenos e nenas de 3 a 13 anos poderán participar en todas as actividades e excursións que temos preparadas para que pasen un verán cheo de sorrisos, xogos, amizades, compañeirismo, alegría e moita diversión!! Xogos, bailes, deportes, manualidades, baloncesto, teatro, música, excursións, cociña creativa, experimentos, xardinería, piragüas, senderismo... Ademáis, visitaremos o parque acuático de Cerceda, faremos hípica no Club Hípico EQUS, visitaremos a clínica veterinaria Rof Codina, o club de golf...

Cada semana estará ambientada nunha temática: maxia, universo, animais... O horario é desde as 9:00 ata as 14:00 horas (plan madruga desde as 8:00 e plan saída ata as 15:00). O coste do campamento é de 60€ por semana (55€ se eres de Estudiantes Lugo e Bandua, se vés máis dunha semana ou se eres o segundo irmán que vén ao campa).

Esperámoste cargados de actividades, ilusión e moitas ganas!!

Descarga a folla de inscrición pinchando aquí.

Máis info en: 982.224.403 /616.497.822

Valora este artículo
(1 Voto)
Volver