Estudiantes Lugo organiza esta fin de semana a Fase Final Cadete feminina, na que o conxunto que dirixe Fernán Varela competirá por unha praza no Campionato de España que se celebrará do 21 ao 27 de maio na provincia de Huelva. 

A primeira semifinal disputarase ás 10.00 horas e enfrontará a CB Arxil 'A' e a Maristas Coruña. Ás 12.00 horas será o turno das nosas na segunda semifinal ante Compañía de María Vigo. Os vencedores de ambos os dous partidos xogarán a final ás 18.00 horas. Todos os encontros da fase se disputarán no Anexo.

Sorte rapazas!!

Valora este artículo
(1 Voto)

Más en esta categoría:

Volver