Rematou unha nova fin de semana importante para o Club. O equipo Júnior feminino acadou unha das dúas prazas en xogo na Fase Final para o Campionato de España, que Estudiantes Lugo organiza na Mariña coa colaboración dos clubes de Burela, San Ciprián e Viveiro. A outra das prazas foi para o Ensino, polo que a cidade de Lugo terá dous representantes neste evento de nivel nacional. Noraboa aos dous conxuntos!!

Por outra banda, o equipo Pre-infantil masculino proclamouse campión autonómico a falta de dúas xornadas logo das dúas victorias conseguidas esta fin de semana. 

Non houbo a mesma sorte para o equipo EBA, que finalmente non acadou a praza para a fase de ascenso a Leb Plata nun partido intenso e igualado, un resultado que non reflexa a gran tempada dos nosos.

Desde o Club queremos agradecer todo o apoio nos diferentes partidos disputados, xa que se viviu un gran ambiente de basket.

O próximo 6 de maio é o turno para as nosas cadetes, que buscarán unha praza para o Campionato de España na Fase Final que terá lugar no Anexo, non podes faltar!

Os equipos Premini Verde e Azul vivirán a primeira concentración de Liga Galega, e o domingo 7 de maio arrancará o Campionato Júnior Feminino na costa lucense.

Valora este artículo
(1 Voto)
Volver