Mañá sábado, 29 de abril, Estudiantes Lugo competirá por unha das dúas prazas en xogo para o Campionato de España Júnior Feminino que se celebrará na Mariña Lucense do 7 ao 13 de maio. O conxunto que dirixe Julia Pena xogará a primeira semifinal ás 10.00 horas ante Peleteiro no Pazo Dos Deportes. A segunda semifinal terá lugar ás 12.00 horas e enfrontará a Durán Maquinaria Ensino e a La Cibertienda CLB. Aínda que os dous gañadores das semis acadarán as dúas prazas en xogo, a final ás 18.00 horas no Anexo decidirá o segundo e terceiro posto na competición autonómica, na cal o Real Club Celta Zorka se proclamou campión.

Sorte rapazas!!

 

Valora este artículo
(0 votos)

Más en esta categoría:

Volver