Esperámoste nas Matinais Exprés!

Coa chegada dun novo día non lectivo nos centros escolares, volven as Matinais!! O próximo martes 2 de maio os nenos e nenas de 3 a 13 poderán participar nas actividades que Estudiantes Lugo ofrece no Pazo dos Deportes (aula de Predeporte). O horario é de 9:00 horas a 14:00 horas, con plan madruga desde ás 8:00 e plan saída ata as 15:00. O prezo da actividade é de 15 € (12€ para os membros de Estudiantes Lugo e Bandua). Consulta os descontos para irmáns.

Inscipciones e información: 616.497.822 / 654.090.341. Podes descargar a folla de inscrición pinchando aquí.

Esperámoste con ilusión e moitas ganas de pasar unha mañá divertida xuntos!!

Valora este artículo
(0 votos)
Volver