Fase Final A4 Júnior Masculino

Mañá sábado, 22 de abril, Estudiantes Lugo será o anfitrión da Fase Final A4 Júnior Masculino, na que o conxunto que dirixe Sise Peinó competirá por unha praza no Campionato de España, que terá lugar do 30 de abril ao 6 de maio en Bilbao.

A primeira semifinal será ás 10.30, e enfrontará a Estudiantes Lugo Leyma Natura e a Tui Seta Thermalia. A segunda semifinal terá lugar ao remate desta, ás 12.30, e a disputarán Obradoiro-Peleteiro e Sigaltec. Os vencedores de ambos os dous partidos xogarán a final ás 18.00. 

Moita sorte rapaces!!

Valora este artículo
(0 votos)
Volver