Os nervios puideron coas infas de Liga Galega

Estudiantes Lugo Leyma Natura 53-58 Cafés Candelas Ensino 

O partido comezou moi mal para os intereses das estudiantís, que saíron moi nerviosas e sen ideas en ataque, cometendo tamén moitos erros atrás. No segundo cuarto o tiro exterior fixo que as celestes se achegaran no marcador. O rival estivo en todo momento moi pechado atrás, algo que facía que ás locais lles costara moito anotar. No segundo cuarto houbo un momento de acerto celeste, pero varios errores defensivos e problemas de faltas causaban que a diferenza se estirase de novo, esta vez ata os 12 puntos. Tras o descanso, o equipo que dirixe Álvaro Abuín mellorou e facendo dano coa presión, conseguiu gañar os dous últimos cuartos, logrando empatar o encontro a 53 a falta de tres minutos. Varios erros polos nervios dos momentos finais provocaron canastras fáciles de Ensino, que se levou finalmente o encontro.

Parciais: 04-09,14-24, 18-13, 17-15. 

Xogaron: Cristina Díaz, Yashina Lebrón, Carlota Prado, Claudia Corujo, Enma Fernández, Mercedes Fernández, Patricia Mulet, Alejandra Pita, Beatriz Mayo y Silvia López.

Valora este artículo
(0 votos)
Volver