Os júnior vencen no seu debut

Cidade de Lugo 55-88 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Vitoria dos lucenses no primeiro partido de liga. Fixeron os estudiantís un bo partido dende o principio, intensos atrás e puidendo correr. Así, conseguiron as primeiras vantaxes no marcador. A pesar de que Cidade de Lugo dominaba o rebote en ambos lados, os celestes case deixan sentenciado o partido na primeira parte. No segundo tempo os locais intentaron unha defensa zonal que por momentos atascou ao equipo que dirixe Sise Peinó, pero o acerto dende a línea de tres puntos conseguían ir incremntando as diferenzas no marcador ata un contundente resultado final.

Parciais: 09-20, 21-29, 16-18, 09-21.

Xogaron: Andrés Ónega (4), Guille Rasilla (6), Mateo Sánchez (16), Álex Hermida (4), Álex Rivas (12), Anxo Pacheco (12), Dani Iglesias (14), Lucas Gómez (8), Nico Carreira (7) e Adrián Latas (5).

Valora este artículo
(0 votos)
Volver