Copa Galicia: Os Júnior non poden co COB

Club Ourense Baloncesto 84-64 Estudiantes Lugo Leyma Natura

Outro partido complicado para os estudiantís, esta vez a domicilio frente ao COB, outro dos grandes favoritos da Liga. Intentaron os visitantes presionar a saída local, pero os ourensáns conseguían vencer a presión estudiantil e así chegaban as primeiras vantaxes importantes no marcador. Os celestes melloraron no segundo cuarto no apartado defensivo, pero os tiros non entraban e o Club Ourense Baloncesto seguía a aumentar diferenzas ata chegar ao descanso 20 puntos por diante. No terceiro cuarto, o conxunto que dirixe Sise Peinó saíu a buscar o partido e logrou colocarse a nove puntos de diferenza, pero un par de balóns perdidos volveron a colocar aos de Ourense cunha renta de puntos que os estudiantís non puideron remontar. Ánimo rapaces, toca seguir traballando!

Parciais: 31-19, 15-07, 14-19, 24-19.

Xogaron: Andrés Ónega, Guille Rasilla (3), Mateo Sánchez (15), Álex Hermida (6), Álex Rivas (19), Anxo Pacheco (2), Dani Iglesias (6), Lucas Gómez (4), Nico Carreira e Adrián Latas (9).

Valora este artículo
(0 votos)
Volver