Actividades para as mañás dos días 7,8 e 9

20140707 094657

O Móvete con Nós non para. Nos días 7,8 e 9 previos ao comezo do curso escolar continuamos coa nosa oferta lúdica e formativa para os nenos de 8 a 12 anos. Para aqueles nenos e nenas de 3 a 8 anos que queiran continuar co ritmo frenético de diversión do verán teremos o Móvete con Nós na súa versión máis pura e orixinal en horario habitual e na mesma instalación. 

Para aqueles nenos comprendidos entre os 8 e 12 anos que queiran unirse a nós neses tres días teremos á súa disposición un plan divertido e formativo vinculado un pouquiño máis ao deporte da man da Academia de Baloncesto onde os nosos adestradores titulados tentarán que os nosos nenos e nenas disfruten ao máximo facendo xogos e competicións de baloncesto. 

Ambas iniciativas compartirán os mesmos horarios de 9:00 a 14:00 ofertando coma sempre os Plans Madruga e Saída. O prezo tamén será o mesmo para ámbalas dúas actividades. Tan só 35€ como prezo único para tódolos participantes. 

A continuación tedes o enlace ás follas de Inscripción dun e doutro evento:

INSCRIPCIÓN MÓVETE CON NÓS DE 3 A 8 ANOS.

INSCRIPCIÓN ACADEMIA BALONCESTO DE 8 A 12 ANOS.

Valora este artículo
(0 votos)
Volver