Programación semanal e Inscripción do Movete con Nós

MCN2015gallego

Xa está todo preparado para que un ano máis o Móvete con Nós sexa a mellor opción para pasar un verán divertido. A continuación achegamos a temática de cada semana por medio da coordinadora do campamento, a mestra e pedagoga Noemí Fouz. Lembramos tamén que podedes descargar a inscripción premendo AQUÍ.

1º semana do 22 ao 26 de xuño: COMEZA A AVENTURA!
Durante esta primeira semana propoñeremos aos nenos diversos retos nos que terán que demostrar todas as súas habilidades e enxeño.

2º semana: do 29 de xuño ao 3 de xullo: VACACIÓNS ESTELARES
Comezaremos unha viaxe polo espazo en busca de novos planetas, estrelas... mesmo outros seres. Onde aterraremos?

3º semana do 6 ao 10 de xullo: MAXIA POTAXIA
Durante unha semana converterémonos en magos realizando diversos trucos de maxia que vos deixarán pampos. Ademais contaremos coa visita dun mago profesional que nos deleitará cunha grande actuación.

4º semana do 13 ao 17 de xullo: A MÁQUINA DO TEMPO
Viaxaremos a través do tempo para visitar os nosos antepasados e coñecer como vivían.

5º semana do 20 ao 24 de xullo: OS SUPER-HEROES
A través dos cómics dos nosos personaxes favoritos viviremos aventuras e axudaremos a salvar a humanidade grazas aos nosos pequenos super-poderes. Ademais visitaremos os verdadeiros heroes da nosa cidade (policía e bombeiros).

6º semana do 27 ao 31 de xullo:IMOS DE SAFARI
Internarémonos no mundo animal para coñecer os diferentes animais do mundo, países onde viven, características, etc. converténdonos en grandes expertos. Ademais visitaremos as instalacións da Facultade de Veterinaria.

7º semana do 3 ao 7 de agosto: "O PRINCIPIÑO"
A través deste fantástico conto achegaremos os nenos a un mundo no que a imaxinación o é todo.

8º semana do 10 ao 14 de agosto: CON 100 CANÓNS POR BANDA...
Converteremos o campamento nunha illa a cal esconde un gran tesouro que os nosos pequenos piratas deben encontrar. Cal será a recompensa?

9º semana do 17 ao 21 de agosto: PEQUENOS EXPLORADORES
A través dunha lupa podemos descubrir cousas fantásticas. É a quenda de poñernos na pel dun verdadeiro explorador e internarnos nun mundo cheo de marabillas.

10º semana: do 24 ao 28 de agosto: I LOVE BASKET
Non hai mellor deporte de equipo que o baloncesto. Transmitiremos aos nenos a paixón por este deporte desenvolvendo todas as súas habilidades e valores.

11º semana: do 31 de agosto ao 4 de setembro: E COLORÍN COLORADO...A FESTA INICIAMOS!!
Como broche final ao campamento dedicaremos esta semana á celebración de diversas festas temáticas (festa dos inchables, festa da escuma, etc.). Deste xeito despedirémonos ata o ano que vén ao grande.

E ademáis...xogos populares, predeportivos e de multiaventura, deportes (baloncesto, fútbol, voley, tiro con arco...)teatro, monicreques, inchable, paracaídas, piscina de bólas, música, búsqueda do tesouro, gymkanas....e moito máis!!

PROGRAMACIONMOVETECONNOSSEMANAL

Valora este artículo
(0 votos)
Volver