O Club Estudiantes Lugo foi fundado polo profesor de Educación Física do Insitituto Masculino (hoxe Lucus Augusti), José Antonio Santiso no ano 1968 tendo en conta a necesidade na cidade de Lugo da formación dun club de canteira que dera forma ás ilusións dos rapaces da cidade que quixeran xogar ó deporte da canastra. Co pavillón do Instituto como marco, e co traballo incansable de adestradores e xogadores o club daba os seus primeiros pasos para converterse nun dos clubs de formación de máis solera de Galicia.

O “poli” dos Insititutos víase ateigado de pequenos e maiores deportistas cada tarde. Froito da madurez do club e dos seus xogadores que noutro tempo foran nenos, a directiva decide crear un equipo sénior onde se lle poida dar continuidade ós xogadores de canteira que non dan o salto ó profesionalismo no equipo de élite da cidade, o CB Breogán.

No ano 85 o club pasa a formar parte da antiga 2ª División (terceira categoría do baloncesto español da época). Salvo un breve paso pola 3ª División na tempada 89/90 o club non se movería da 2ª ata a tempada 99/00. Nese ano, logo da reestructuración das ligas o Estudiantes Lugo milita na 1ª tónomica conseguindo o ascenso á 1ª División Masculina, coñecida como Nacional por aquel entón.

Na tempada 02/03 o club conseguiría o último ascenso da súa historia pasando a formar parte na 03/04 da Liga EBA, liga na que milita o primeiro equipo do club desde entón. A EBA converteuse nos últimos anos nunha liga axeitada para que os nosos canteiráns poidan xogar a un alto nivel competitivo e utilizala como liga ponte para dar o salto a outra categoría maior. Nos últimos anos o Estudiantes sempre conta coa media de idade máis nova, dando oportunidades a xogadores mozos.

En canto á canteira o Estudiantes Lugo conta no seu haber con varios campionatos galegos no seu palmarés desde a categoría mini ata a xúnior. Na tempada 08/09 o club conseguiría clasificarse con dous equipos da canteira (cadete e xúnior) para disputar a fase final do Campionato de España, algo que desde ese ano se repetiu en tódalas tempadas seguintes. Nese ano conseguiuse o mellor resultado na categoría cadete a nivel estatal (6º posto) mentres que na 11/12 o club conseguría o mellor resultado en xúnior disputando as semifinais do Campionato de España e quedando finalmente no 4º posto. 

Destacar que o Estudiantes Lugo nutre ano tras ano cos seus xogadores ás Seleccións Galegas de formación. No caso da Selección Española, tres son os xogadores que debutaron en competición oficial internacional do Estudiantes Lugo, Manolo Díaz, Adrián Chapela e Brais Gago.

Temporada 13-14

Subcampeón "Copa Galicia EBA" 2013.

Temporada 12-13

Campeón Gallego Junior Masculino.

Subcampeón Cadete Masculino.

Temporada 12-11

Campeón Gallego Minibasket masculino.

Campeón Gallego Cadete masculino

9º en el Campeonato de España.

Subcampeón Gallego Junior masculino.

4º en el Campeonato de España.

3º Minibasket Femenenino.

3º Infantil Masculino.

Temporada 11-10

Subcampeón Gallego Cadete (6 ou 8 españa)

Junior 3º Galicia

Infantil 3º Galicia.

 

Temporada 10-09

Campeón Gallego Cadete Masculino.

6º Campeonato de España.

Junior Masculino 3º Clasificado Galicia.

Junior Masculino 12º de España.

Terceros Infantil  Masculino.

Temporada 08-07

Campeón Gallego Infantil Masculino.

Subcampeón Gallego Mini Masculino.

Temporada 07-06

Campeón Gallego Mini Masculino.

Subcampeón Gallego Infantil Masculino.

 

 

 

View the embedded image gallery online at:
http://estudianteslugo.es/club/historia#sigFreeId8de0558629

Presentación a MMCC, 2013-14

 Noticia presentación do Clube Estudiantes Lugo nos Medios de Comunicación da Tempada 2013 - 2014

Entradas antiguas

 el blog del Estu

Móvete con Nós 2013

Volver